Museo Bode: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
recategorizo
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 6:
Pechado por restauracións dende [[1997]], o museo foi aberto de novo o [[17 de outubro]] de [[2006]]. Agora alberga unha colección de [[Escultura|esculturas]], [[arte bizantina]], [[Moeda|moedas]] e [[Medalla|medallas]].
 
A colección de escultura mostra a arte do Oriente cristián (con énfase no Exipto [[Copto]]), esculturas de [[Bizancio]] e [[Rávena]], as esculturas da [[Idade Media]], o [[gótico italiano]], e o primeiro [[Renacemento]]. Os derradeiros traballos do [[Gótico alemán]] están representados por [[Tilman Riemenschneider]], tamén ten obras do [[renacemento]] alemán do sur, e arte barroca prusiana ata o [[século XVIII]]. No futuro algúns traballos seleccionados da [[Gemäldegalerie de Berlin|Gemäldegalerie]] de Berlín integraranse na colección de escultura. Isto está baseado no concepto de [[Wilhelm von Bode]] de lasdas "salas de estilo", nos cales as esculturas, as pinturas, e a artesanía dunha época vense xuntos, do mesmo xeito que xeralmente facíase nas coleccións privadas da clase media alta.
 
O ''Münzkabinett'' ("gabinete da moeda"), contido actualmente no veciño [[museo de Pérgamo]], é unha das coleccións [[numismática]]s máis grandes do mundo. O seu rango de tempos abrangue dende o principio da acuñación no sétimo século a.C. en [[Asia Menor]] ata os nosos días. Con aproximadamente 750.000 artigos a colección é un arquivo único para a investigación histórica.