Despotado de Epiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
repartición
Liña 43:
Pasaron uns anos de tranquilidade, e en [[1263]] houbo unha guerra curta co emperador por territorios fronteirizos ao norte de [[Grecia]]. En [[1266]] morreu Manfredo de Sicilia e Miguel II aproveitou para recuperar as posesións albanesas que lle entregou en [[1259]], aínda que non podo recuperar Corfú que xa recoñecera a [[Carlos de Anjou]]. En [[1268]], Carlos entrou en Durazzo. Miguel II morreu en [[1271]] e repartiu os seus dominios: ao seu fillo maior Nicéforo Andrónico deixoulle Epiro e Albania; ao segundo, Xoán, a parte sur de Tesalia. En [[1272]], Nicéforo Andrónico renunciou á maior parte de Albania en favor de Carlos de Anjou, rei de Sicilia, para evitar a guerra e retornoulle os territorios ocupados polo seu pai.
 
=== Morte de Miguel e repartorepartición de posesións ===
En [[1274]], o emperador bizantino Miguel VII, ameazado por Carlos de Anjou que aspiraba ao imperio latino, atacou Albania. Dirixía a frota bizantina o [[pirata]] Licario, que se puxo ao servizo do emperador e que tamén ocupou algunhas illas do mar [[Exeo]]. Carlos de Anjou era tamén unha ameaza para Nicéforo Andrónico e en [[1279]] declarouse vasalo do anxevino. En [[1281]] os bizantinos atacaron a Carlos nas súas posesións albanesas, concretamente en [[Berat]], e obtiveron unha vitoria parcial. Pero, no verán, Carlos reuniu continxentes de [[Francia]], enviados do Papa, Serbia, Bulgaria, Acaia, Tesalia, Epiro, Atenas e Venecia, e restaurou o control sobre Albania. A morte de Miguel Paleólogo e as [[vésperas sicilianas]] puxeron fin ás loitas en [[1282]]. En [[1290]] morreu o déspota de Tesalia sen sucesión e os seus territorios pasaron á liña de Epiro, representada por Nicéforo Andrónico. Este morreu en [[1296]] e foi sucedido polo seu fillo Tomé, baixo rexencia da súa curmá Ana.