Xunta do Reino de Galicia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Shyde (conversa | contribucións)
m Zamora, España → Zamora
corrixo
Liña 2:
A '''Xunta do Reino de Galicia''' era a representación do [[reino de Galicia]] cando formaba parte da [[reino de Castela|Coroa de Castela]] ata a reforma liberal do estado en [[1833]].
 
Era un organismo colectivo formado polos deputados que se reunían para tratar asuntos referidos ó conxunto do reino de Galicia. A súa orixe non está clara e hoxe acéptase unha relación directa entre a Xunta e as reunións da [[Santa Irmandade]], das que partiría o costume de manter reunións periódicas entre os representantes das principais [[cidade]]s para resolver as cuestións relativas óá repartorepartición de [[tributo]]s e levas militares. Un dos aspectos máis interesantes en relación coa actuación da Xunta foi o tema do voto en Cortes.
 
Galicia perdera a posibilidade de ter voto nas [[Cortes da Coroa de Castela]], e era a cidade de [[Zamora]] a que falaba por ela dende mediados do [[século XV]]. Non se sabe con certeza como perdeu este dereito que tiña Galicia. En [[1623]] grazas ás boas xestións dos diplomáticos galegos [[Pedro Fernández de Castro y Andrade|Lemos]] e [[Diego Sarmiento de Acuña|Gondomar]] (e o pago de 100.000 [[ducado (moeda)|ducado]]s) Galicia recupera o voto en Cortes. Este esforzo valeu de pouco xa que é unha época na que as Cortes teñen un papel escaso ou nulo.