Diccionario bio-bibliográfico de escritores: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
nome exacto
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 26:
O '''''Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores''''' é unha obra enciclopédica de [[Antonio Couceiro Freijomil]] en [[lingua castelá]]. Trátase dunha referencia biobibliográfica de diferentes autores literarios que publicaron en [[Galiza]]. Foi editada en [[Santiago de Compostela]] pola [[Editorial de los Bibliófilos Gallegos]], dentro da colección Enciclopedia Gallega.
 
== Características ==
A obra é moi completa e abrangue desde autores medievais como [[Mendiño]] até autores contemporáneos como [[Xesús Ferro Couselo]], [[Ramón Cabanillas]] ou [[Gonzalo Torrente Ballester]]. Cómpre ter en conta que a obra foi escrita e publicada durante o [[franquismo]], época na que existía a [[censura]]. Así, omítense obras de [[Castelao]] como ''[[Sempre en Galiza]]'', e cualifícase como ''defecto'' o anticlericalismo de [[Curros Enríquez]] na obra ''[[O divino sainete]]''.
 
Conta cun [[prólogo]] de [[Francisco Javier Sánchez Cantón]], presidente do consello da editorial, e está estruturada en tres volumes por orde alfabética:
 
* I (xullo de 1951, 404 páxinas): de [[Ramón Abancéns]] a [[Joaquín Ezquerra del Bayo]];
* II (outubro de 1952, 530 páxinas): de [[Manuel Fabeiro Gómez]] a [[José María Ozores de Prado]];
* III (novembro de 1954, 548 páxinas): de [[Antonio Pacheco Bermúdez]] a [[Emilio Zurano Muñoz]].
 
Estaba prevista a publicación de forma periódica de varios apéndices coas oportunas adicións; porén, o autor faleceu pouco despois da publicación do terceiro tomo.
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://bvg.udc.es/recursos_lingua/DicLiterCouceiroFreijomil/index.jsp O dicionario, na BVG (acceso só a portadas)]
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Enciclopedias en castelán]]