Suídas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
a
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 2:
'''Suídas''' (''Suidas'', en [[lingua grega|grego]] Σουΐδας) ou a '''Suda''' (Σοῦδα, ''Suda'') é unha gran enciclopedia bizantina sobre o mundo antigo, escrita en grego sobre o [[século X]]. Foi probabelmente escrita por varios eruditos, malia que a miúdo se considerou o nome de Suídas como o do autor, pero Suídas ou Suda é tamén unha palabra grega que quere dicir ''fortín'', ''guía'' e por iso tanto se pode falar da Suda como de Suídas.
 
A enciclopedia ten trinta mil entradas e moitos debuxos, unha parte dos cales se perderon; está ordenada alfabeticamente con algunhas irregularidades. A mesma obra menciona como fonte a ''Onomatologion'' de [[Hesiquio de Mileto]], e outras fontes como os resumos de [[Constantino VII Porfiroxénito]], a crónica de [[Xurxo o Monxe]], as biografías de [[Dióxenes Laercio]], e as obras de [[Ateneo de Naucratis|Ateneo]] e [[Filóstrato (historiador)|Filóstrato]].
 
Non se sabe moita cousa da súa compilación. Xa o menciona [[Eustaquio de Tesalónica]] no [[século XII]], e di que o autor foi Suídas, un compilador que tratou de recoller todo o saber da época e que viviu entre [[976]] e [[1028]]. [[Estrabón]] menciona un Suídas que escribiu unha historia de [[Tesalia]] pero non podería ser o mesmo compilador pola diferenza cronolóxica.
Liña 9:
 
Nas edicións da Suda aparece a seguinte nota: Τὸ μὲν παρὸν βιβλίον Σοῦδα, οἱ δὲ συνταξαμἐνοι τοῦτο ἄνδρες σόφοι seguida dunha lista de doce nomes.
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.stoa.org/sol/ ''Suda'' On Line]. Unha edición online da edición de [[Ada Adler]] con tradución ao inglés e comentario.
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Enciclopedias]]
[[Categoría:Imperio Bizantino]]