Diferenzas entre revisións de «Paulo Orosio»

m
Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m (Sustitución da expresión "en base a" por "baseado en", "con base en", "baseándose en" ou "mediante")
m (Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética)
Tras a publicación das ''Historiae'', non hai apenas información sobre Paulo Orosio. Sábese que estivo en [[Menorca]], pero descoñécese a data de falecemento. Esta ausencia de referencias a Orosio puido deberse a un distanciamento con Agostiño, quen non fai ningunha referencia clara ás ''Historiae'' de Orosio despois de seren publicadas. [[Xenadio de Marsella]] di que o autor chegou, polo menos, ata a fin do mandato do emperador [[Flavio Honorio]], que se prolongou ata [[423]], pero non hai ningunha noticia de Orosio desde 417<ref>MARTÍNEZ CAVERO, Pedro, ''El pensamiento histórico y antropológico de Orosio'', [[Murcia]]:[[Universidade de Murcia|Universidad]]. 2002, p. 57</ref>. Existen máis posibilidades, desde unha posible morte repentina ata unha sorte de lenda que fala de que Orosio finalmente chegou a [[Hispania]], fundou un mosteiro preto do [[cabo de Palos]] e terminou alí as súas ideas, algo que neste momento parece pouco probable.
 
== Obra ==
=== Commonitorium e Liber Apologeticus ===
 
== Interpretación ==
=== Universalismo e localismo ===
O carácter universalista da obra de Orosio quizá sexa o matiz máis destacable, e nel coinciden todo tipo de autores, desde clásicos como [[Menéndez y Pelayo]] ata o moderno Torres Rodríguez<ref>TORRES RODRÍGUEZ, Casimiro. ''Paulo Orosio. Su vida y sus obras''. [[A Coruña]]: [[Fundación Pedro Barrié de la Maza]], 1985. p.75</ref>. A súa obra sinálase como a primeira obra de historia universal de índole cristiá (ou a última do universalismo clásico, se se prefire)<ref>ALONSO NÚÑEZ, José Miguel, 'La metodología histórica de Paulo Orosio', in ''Helmántica'', 136-138:1994, p. 373.</ref>.
 
Paulo Orosio utiliza a denominada ''teoría da sucesión dos catro imperios universais''<ref>RÁBADE NAVARRO, Miguel Ángel, 'Una interpretación de fuentes y métodos en la Historia de Paulo Orosio', in ''Tabona. Revista de Prehistoria, Arqueología y Filología Clásicas'', 32:1985-1987, p. 378.</ref>, tomando a premisa de que a partir das ruínas dunha gran civilización xorde outra. Así, colle catro imperios históricos, [[Babilonia]], a [[Roma Antiga|Roma]] pagá, [[Reino de Macedonia|Macedonia]] e [[Cartago]], e un quinto, a Roma cristiá, como herdanza de todos eles. De feito, durante a narración os catro imperios teñen un mesmo devir e uns paralelismos moi marcados en oposición á Roma que desexa enxalzar.
De feito, a obra non só foi citada por todas as partes, senón que foi un dos principais libros escolásticos para o estudo da [[Idade Antiga|Historia Antiga]] durante toda a [[Idade Media]]. Foi amplamente copiada, e consérvanse nada menos que 82 manuscritos e 28 [[incunable]]s. Despois seguiuse copiando, e ata se conservaron edicións da obra do [[século XVI]] en [[lingua italiana|italiano]] e [[lingua alemá|alemán]]. Non existe con todo tradución á [[lingua galega]] de ningunha das obras de Orosio.
 
== Notas ==
{{Listaref}}
{{wikiquote}}
{{ORDENAR:Orosio, Paulo}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Personalidades da historiografía de Galicia]]
[[Categoría:Escritores en lingua latina]]
393.002

edicións