O vixía no centeo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 31:
O título fai referencia a unha reflexión do protagonista sobre o que quere ser de maior, referíndose ao verso dun poema.
 
== Argumento ==
{{spoiler}}
Holden Caulfield, tras suspender catro materias, é expulsado de Pencey, o cuarto instituto ao que vai e que tanto odia. Despois de coñecer esta noticia, e acordándose da nota que o citaba co seu profesor de historia, o señor Spencer, decide acudir ao encontro para despedirse. Manteñen unha longa conversa na que o mestre lle reprocha o seu baixo rendemento escolar e intenta aconsellalo. Xa na residencia, o seu compañeiro de cuarto, Stradlater, coméntalle que ten unha cita cunha rapaza chamada Jane Gallagher (coa que Caulfield intimara cando coincidiran de vacacións en Maine) o que o amola bastante. Ademais deste feito,recibe a visita dun compañeiro, Ackley, que é descrito como un rapaz pouco hixiénico e un tanto pesado, que consegue poñelo dos nervios pero que no fondo lle da mágoa xa que a ninguén lle cae moi ben.
Como Stradlater regresa tarde da súa cita, Caulfield interrógao respecto ao que fixeron. O compañeiro négase a responder, e Holden sospeitando que fixo o amor con Jane, ponse furioso e golpéao, iniciando así unha pelexa. Aínda que non é a primeira vez que discuten, si é a primeira que pelexan, xa que no fondo a Holden non lle cae nada ben. O certo é que nunca se levou moi ben con ningún dos seus antigos compañeiros de habitación xa que, segundo el, todos eran un pouco raros.
 
Caulfield, despois do altercado decide marchar a pesar de que aínda non era o día oficial da expulsión. Tras botar un berro a todo o colexio, en sinal de rabia, e abandonalo, toma un tren cara a [[New York]]. Nel atópase coa atractiva nai dun compañeiro, á que conta varias mentiras encol do bo comportamento do rapaz.
Liña 49:
Volve quedar só e chama para ir a tomar algo a un antigo compañeiro, Carl Luce, un intelectual, maduro e inxenioso rapaz que ás veces lle resulta fastidioso. Tras este encontro, xa un pouco borracho, ocórreselle a idea de ir á casa falar coa súa irmá Phoebe, que para el é marabillosa, moi lista para a súa idade e que continuamente o “deixa sen fala”, ela é a única persoa coa que ten unha interacción real. Falan da escola e Holden cóntalle que o expulsaron outra vez ante o que non reacciona nada ben. Ela enfádase un pouco e recrimínalle a Holden que non lle guste nada, que non lle gusten millóns de cousas ao que el responde que hai cousas que si que lle gustan, como por exemplo o seu irmán Allie, aínda que está morto, ou tamén ser o vixía entre o centeo, eso é realmente o que lle gusta, o que lle gustaría ser, aínda que iso só é unha fantasía dentro da súa cabeza.
 
Holden sae da casa para evitar aos seus pais e decide durmir xunto a un antigo profesor de literatura, o Señor Antolini co que mantén unha longa conversa acerca do rumbo que tomará a súa vida senón decide facer algo e do importante que é a educación. Ao interpretar como un acto de sexualidade que o profesor lle acaricie a cabeza no medio da noite, ponse moi nervioso, escúsase e marcha do apartamento. Pasa parte da noite na estación de tren, onde decide definitivamente que deixará a cidade, marchará ao outro lado do país en [[autostop]] e vivirá nunha cabana sen volver ver a súa familia por moitos anos. Antes de que isto ocorra quere despedirse de Phoebe e cítaa diante dun museo ao que el ía de pequeno. Ao reunírense, ela exprésalle o desexo de escapar con el, o protagonista explícalle que iso non é posible, a rapaza enfádase e xura non volverlle falar nunca máis.
 
A pesar deste feito van xuntos ao zoo. Antes de subir ao [[carrusel]], Phoebe, confésalle que xa non está enfadada e el promételle que non marchará. É neste momento, vendo á súa irmá divertirse, cando o protagonista di ser feliz por primeira vez.
Liña 55:
Ao remate da novela, Holden cóntalle ao lector que non sabe o que pensar dos feitos que relatou e que se arrepinte de facelo xa que iso fíxoo botar de menos a todas as persoas das que falou.
 
Para finalizar a análise do elaborado argumento desta novela cabe destacar certos aspectos que a caracterizan de forma inconfundible. Ao longo da obra nárranse e descríbense os lugares sempre con moita subxectividade e, ás veces, ironía e humor o que lle dá un toque moi persoal. Segundo vai visitando diferentes lugares e estando con diferentes persoas, o protagonista, móstrase como unha icona de rebeldía adolescente que realiza unha profunda e pesimista análise da súa realidade.
 
Pódese mencionar o odio de Holden cara aos hipócritas, o feito de que non entenda o sexo, que sexa un imán para as situacións raras, que malgaste moitos cartos, que só lle gusten realmente dúas cousas ou que a pesar de criticar a actitude de todo o mundo defina a súa, ás veces, como covarde.
 
En resumo, o autor pretende, a través deste rapaz, mostrar con claridade o mundo adolescente reflectindo a ansiedade dos xoves, os problemas que sofren, as reflexións que fan, as conclusións que sacan e fundamentalmente, o seu punto de vista.
 
== Personaxes ==
[[Ficheiro:Campaspero desde las cercanías de Minguela (camino de las Mingueleras).JPG|miniatura|250px|dereita|Campo de centeo.]]
 
Liña 68:
Con respecto aos seus compañeiros, fala sobre o seu compañeiro de habitación, Ward Stradlater, do que di que é un “porco en segredo” e que “está namorado de si mesmo”. Tamén fala sobre Robert Ackey, este é un rapaz que vive na habitación do lado e que frecuentemente quéntalle o sague a Holden, aínda que no fondo dálle pena. Carl Luce é un rapaz que coñeceu en Whooton e que según di él sabe moito sobre sexo. Sobre as mulleres fala de Sally Hayes que é a moza coa que adoita saír en Nova York e Jane Gallagher que é a moza da que verdadeiramente está namorado.
 
=== Familiares ===
''D.B.'' é o irmán maior de Holden. Escribe contos, e tras estar no exército (participando mesmo no [[desembarco de Normandía]]), marcha a [[Hollywood]], onde consegue sona e cartos.
 
Liña 75:
''Phoebe'' é a súa irmá, de 10 anos. Tamén ten o pelo vermello, é moi delgada e saca boas notas no colexio. Gústalle patinar e escribir, e é moi agarimosa e sensible. Holden di que se comporta de forma moi madura para o pequena que é.
 
* O pai de Holden é avogado nunha empresa, e ten bastantes cartos.
 
* A nai é moi nerviosa, e está moi mal de saúde desde a morte de Allie.
 
Holden ten outros familiares, mais considéraos uns cretinos, coma seu avó, que vive en [[Detroit]], as súas tías e os seus curmáns.
 
== Controversia ==
As razóns principais polas que o libro foi criticado eran principalmente a súa linguaxe ofensiva e as súas referencias ás [[droga]]s, o [[alcohol]] e a [[prostitución]]. Os críticos ven a Holden coma un instigador de masas.
 
Trinta anos despois da súa publicación en 1951, ''O vixía no centeo'' era tanto o libro máis prohibido coma o segundo máis estudado como lectura obrigatoria nos institutos estadounidenses. Na década de 1990 foi o nº 13 na lista de libros máis lidos nos EUA segundo a Asociación de Bibliotecas dos EUA, e no [[2005]] mantívose entre os dez primeiros.
 
== Influencia na cultura ==
A obra influíu noutras obras de [[narrativa]], [[teatro]], [[cine]] e [[música]]. Por outra banda, tamén é obxecto de polémica o feito de que varios asasinos se viron relacionados co libro: Era levado por [[Mark David Chapman]] (que asesinou a [[John Lennon]] en 1980) no momento do seu arresto. [[John Hinckley Jr]] (que intentou asasinar a [[Ronald Reagan]] en [[1981]]) tamén declarou estar obsesionado co libro. [[Robert John Bardo]] (asasino de [[Rebecca Schaeffer]]) levaba o libro no momento do seu crime.
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* ''[http://www.xerais.es/cgigeneral/newFichaProducto.pl?obrcod=1460850&id_sello_editorial_web=13&id_sello_VisualizarDatos=13 O vixía no centeo]'', ficha na páxina da [[Edicións Xerais]].
 
{{ORDENAR:Vixia no centeo, O}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Obras narrativas en inglés]]
[[Categoría:Obras literarias de 1951]]
[[Categoría:Novelas ambientadas nos Estados Unidos]]
[[Categoría:Obras traducidas do inglés ao galego‎galego]]