O señor das moscas (novela): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 24:
'''''Señor das moscas''''' é unha novela de [[William Golding]], publicada en [[1954]] co título orixinal en [[Lingua inglesa|inglés]] de '''''Lord of the Flies'''''. Foi traducido ao galego por [[Xosé María Gómez Clemente]], e publicado pola [[Sotelo Blanco|Editorial Sotelo Blanco]] en 1993.
 
== Trama ==
Conta a organización dun grupo de 30 nenos británicos perdidos nunha illa tropical deserta. O avión que os transportaba para salvalos dunha [[guerra mundial]] ten un accidente a causa dunha forte [[tormenta]] e eles son os únicos superviventes. Diante deles preséntase unha oportunidade única: a illa ten froitos e comida dabondo, e case ningún perigo. A imitación de ''A illa de coral'' os nenos comezan a organizarse para sobrevivir. Pero as cousas pouco a pouco comezarán a torcerse cando os nenos dexeneren na [[crueldade]] e a barbarie.
 
Liña 45:
Finalmente, despois dunha terrible persecución, chegan a praia, onde Ralph cae rendido esperando a súa [[morte]]. Porén, alí está un xeneral do [[exército]] que vira o lume causado por Jack e a súa tribo, polo que finalmente foron todos rescatados pero a súa inocencia infantil quedou nesa illa.
 
== Personaxes principais ==
* '''Ralph''': é o protagonista da novela, un rapaz de trece anos, elixido xefe do grupo. Ralph sempre quere o mellor para todos e Piggy axúdalle no que pode. É o único do grupo que pensa como un adulto. Representa o sentido común.
* '''Piggy''': neno de quen todos se burlan, a pesar de ser moi listo, debido ó seu aspecto (é gordo e leva lentes) e a que padece [[asma (doenza)|asma]]. Formaba parte do grupo de Ralph. Representa a democracia.
* '''Jack''': rapaz da mesma idade que Ralph e o rival deste. Tamén é o xefe do grupo de cazadores e a súa actitude vai cambiando cando se obsesiona coa caza. Representa a agresividade e o fascismo.
* '''Simon''': rapaz tímido que se marea con facilidade, debido a que padece [[epilepsia]], pero que é curioso e vai na procura da verdade.
* '''Sam e Eric''': os inseparábeis xemelgos Sam e Eric teñen uns doce anos; únense a Jack para mellorar as súas condicións de vida na illa pero non están de acordo con cousas que el fai. Representan as masas.
* '''Roger''': aliado de Jack cando forma a súa "tribo de cazadores".
* '''Os "peques":''' os nenos de seis ou sete anos, son a inmensa maioría do grupo.
 
== Significado ==
''Señor das moscas'' é un relato cheo de acción. Aínda que os protagonistas sexan uns nenos, non debe considerarse un [[literatura infantil|libro infantil]] senón todo o contrario: é un manifesto crítico dos valores humanos.
 
O libro quere dicir que cando temos poder queremos máis, e que por alcanzar os obxectivos o ser humano é capaz de calquera cousa, incluso matar.
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* ''[[Lord of the Flies (filme de 1990)|Lord of the Flies]]'', adaptación cinematográfica dirixida por Harry Hook.
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.soteloblancoedicions.com/ficha_libro.asp?IdLibro=100019&Tipo=0 Ficha do libro en Sotelo Blanco]
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Obras literarias de 1954]]
[[Categoría:Obras narrativas en inglés]]
[[Categoría:Obras traducidas do inglés ao galego‎galego]]