Retorno a Tagen Ata: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
+ dato desde o artigo ligado
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 26:
'''''Retorno a Tagen Ata''''' é unha [[novela]] en [[lingua galega]] de [[Xosé Luís Méndez Ferrín]], publicada en xaneiro de [[1971]] por [[Edicións Castrelos]] na colección [[O Moucho]]. Foi traducida ao asturiano e adaptada ao cinema en 1974 por [[Eloy Lozano]] na curtametraxe ''[[Retorno a Tagen Ata (curtametraxe)|Retorno a Tagen Ata]]''.
 
== Trama ==
{{spoiler}}
 
Liña 37:
Rotbaf perde a súa [[virxindade]] con Ulm, e á mañá seguinte mátao dun tiro na caluga en nome da ITA. Rotbaf fuxe ao bosque, controlado polos rebeldes, e únese á resistencia.
 
== Narración ==
A novela está narrada en [[primeira persoa]] por Rotbaf. O tempo narrativo dura uns poucos días, e o tempo histórico correspóndese coa década de 1960. A acción comeza na illa de Anatí, onde embarca, e discorre principalmente en varios lugares de Tagen Ata.
 
=== Personaxes ===
A relación entre Rotbaf e Ulm ten un punto moi interesante de [[psicanálise]], dentro do ciclo de iniciación sentimental das novelas da década de 1970, de rebelión contra os valores herdados e impostos (sacrificio ritual e morte do pai).
 
Hai personaxes que xa apareceran en ''[[Arrabaldo do norte]]'' (1964), como Natalia Orsen e o Doutor. Amais reaparece Percival (de ''[[Percival e outras historias]]'') como líder mítico da resistencia.
 
=== Escrita ===
A obra foi escrita logo de tempo sen escribir mentres o autor estaba preso no [[cárcere]] de El Dueso ([[Cantabria]]), e rematouna na Coruña en agosto de 1970. Enmárcase na [[Nova Narrativa Galega]], e saíu publicado na colección O Moucho de Edicións Castrelos, polo que foi un relato popular e sen requintes.
 
== Referencias históricas ==
O propio autor definiuno como un panfleto literario, non político, dado a ler como trasunto da [[historia de Galicia|historia galega]] e alegoría das nacións sen estado, como [[Irlanda]] ou [[País Vasco]]. A trama podería ter certos paralelismos coa escisión de [[ETA]] do [[PNV]] ou o [[IRA]] do [[Sinn Féin]]. É, xa que logo, unha crónica novelada da ruptura de Ferrín co galeguismo máis posibilista e a toma de partida cun nacionalismo máis radical.
 
Liña 54:
 
Identificouse a Ulm Roan como Ramón Piñeiro. Aparece nomeado Ulisses Fingal, [[heterónimo]] do pintor [[Urbano Lugrís González|Urbano Lugrís]].
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Obras narrativas en galego]]