Unha primavera para Aldara: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 18:
| formato = Tapa branda
| páxinas = 242
| id = ISBN 9788499140278978-84-9914-027-8
| precedido por =
| seguido por =
Liña 25:
'''''Unha primavera para Aldara''''' é unha obra de teatro de [[Teresa Moure]]. A peza é un [[drama]] histórico ambientada nun [[mosteiro]] galego na segunda metade do século XV, no marco da [[Gran Guerra Irmandiña]]. Acadou o [[Premio Rafael Dieste]] e o Premio da [[AELG]] en 2008, e o [[Premio María Casares ó mellor texto orixinal]] en 2009. Foi levada a escena por [[Teatro do Atlántico]], dirixida por [[Xulio Lago]].
 
== Trama ==
{{spoiler}}
Nun pequeno mosteiro viven oito mulleres: a abadesa, a prioresa, unha boticaria, unha muller leiga que non asume todos os votos, dúas novizas, unha viúva retirada e a criada desta. Amais, teñen unha recadeira, Elvira, que é maltratada polo seu marido e ten un preito aberto por ese motivo. O mosteiro ten terras aforadas a labregos, pero pasa penurias económicas por non reclamalos.
Liña 35:
De socato chega Pero para informar da morte de Don Nuno, indicando que o seu desexo era ser soterrado a carón do mosteiro.
 
== Narración ==
O texto publicado inclúe acoutamento do espazo, do vestiario, das idades dos personaxes e mesmo recomendacións musicais. Amais, ten un [[prólogo]] no que explica a evolución da obra desde a idea orixinal até a súa representación e posterior edición.
 
=== Personaxes ===
* '''Aldara''', a abadesa do mosteiro.
* '''Don Nuno''', cabaleiro irmandiño.
* '''Xenebra''', prioresa do mosteiro.
* '''Carola''', a boticaria.
* '''Xoana''', leiga.
* '''Xenoveva''' e '''Sabela''', novizas.
* '''Dona Maior''', muller viúva que vive retirada no mosteiro.
* '''Sancha''', criada de Dona Maior.
* '''Elvira''', recadeira do mosteiro.
* '''Pero''', criado de Nuno.
* '''Xoán''', labrego, parella de Xoana.
* '''Pregoeiro'''.
* '''Frei Miguel Lucientes''', inquisidor dominico.
* '''Frei Paulino de Cerceda''', compañeiro do inquisidor.
 
== Representacións ==
Foi estreada en 2009 por Teatro do Atlántico, cun elenco formado por [[María Barcala]], [[María Bouzas]], [[Belén Constenla]], [[Marcos Correa]], [[Xosi Laxe]], [[Amparo Malo]], [[Xoán Carlos Mexuto]], [[Pilar Pereira]], [[Lucía Regueiro]] e [[Agustín Vega Fernández|Agustín Vega]].
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.xerais.es/libro.php?id=2070980 Ficha] na web da editorial.
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Obras de teatro en galego]]