O soño sulagado: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 24:
'''''O soño sulagado''''' é o segundo libro de [[poesía|poemas]] publicado en [[lingua galega|galego]] por [[Celso Emilio Ferreiro]]. Trátase dun conxunto de 31 composicións publicadas por vez primeira en [[Vigo]] pola [[Colección Alba]] no [[1955]].
 
== Contexto histórico ==
[[Ficheiro:Sculpture of the Celso Emilio Ferreiro head in Celanova, Ourense, Galicia.jpg|miniatura|250px|Busto de Celso Emilio Ferreiro en [[Celanova]]]]
''O soño sulagado'' foi creado no clima da posguerra, no cal o [[galeguismo (política)|galeguismo]] cultural e político unicamente resistiu en pequenos núcleos clandestinos. Na década dos 50, o réxime [[franquismo|franquista]] consolídase ao abeiro do reparto de poder dos bloques e o horizonte dunha loita política galeguista semella esmorecer. Isto provoca que o movemento galeguista se desprace cara posicións netamente culturais, dando lugar, por exemplo, á fundación da [[Editorial Galaxia]] no [[1950]].<ref>[[Francisco Fernández del Riego|Fernández del Riego, F.]] (1990), ''O río do tempo'', [[Ediciós do Castro]], páxs. 139 - 146 e 205 - 212</ref><ref>[[Ramiro Fonte|Fonte, R.]] (1998). Introdución en Ferreiro, C. E. ''O soño sulagado'', 5ª ed., [[Edicións Xerais]], páxs. 25 - 26</ref>
Liña 30:
É este un período de pesimismo, de fondo [[existencialismo]] e dun intenso malestar social e cultural. Porén, a poesía galega de posguerra continúa as direccións menos conflitivas da poesía galega de preguerra.<ref>[[Ramiro Fonte|Fonte, R.]] (1998). Introdución en Ferreiro, C. E. ''O soño sulagado'', 5ª ed., [[Edicións Xerais]], páx. 26</ref>. O [[neotrobadorismo]] de [[Álvaro Cunqueiro]] e a [[lírica]] da paisaxe de [[Noriega Varela]] e [[Iglesia Alvariño]] dominan o panorama poético da época. Mención á parte merece a produción de [[Luís Pimentel]], situado entre o intimismo existencial e o [[simbolismo]]. Pero é Celso Emilio o único poeta que define neste contexto unha poética social ou comprometida, sendo ''O soño sulagado'' o seu verdadeiro punto de partida.<ref>[[Ramiro Fonte|Fonte, R.]] (1998). Introdución en Ferreiro, C. E. ''O soño sulagado'', 5ª ed., [[Edicións Xerais]], páxs. 29 - 30</ref>
 
== Temática ==
Segundo afirma [[Xesús Alonso Montero]], n' ''O soño sulagado'' xa están presentes os contidos esenciais da poesía de Ferreiro: o intimismo, a crítica social e a [[sátira]].<ref>Alonso Montero, X. (1982), ''Celso Emilio Ferreiro'', Ed. Júcar, páx. 70</ref>A amargura pola perda do soño, o asolagamento do soño é o fío transversal que abrangue estes contidos. Ese soño é o [[idealismo]], a [[utopía]] que se percibe irrealizable, tanto no plano sociopolítico, como potencia liberadora do [[ser humano]], coma no plano íntimo ou existencial, [[metáfora]] da [[infancia]] perdida e do paso do tempo sen [[futuro]]. Todos estes puntos condénsanse fortemente nos dous primeiros versos do poema ''Falareivos de min'':<ref>Ferreiro, C. E. ''O soño sulagado'', 5ª ed., [[Edicións Xerais]], páx. 49</ref>
{{cita|
Liña 52:
* O [[amor]]. Manifestado sempre en clave apelativa e confidencial e no que o suxeito dese amor (a súa muller, Moraima) é un ''ti'' ao que o poeta lle confesa a súa fe de vida, un ''ti'' cómplice.
 
== Estrutura e estilo ==
[[Ficheiro:Reemplazo republicano.jpg|miniatura|dereita|200px|A [[Guerra Civil española]] está moi presente n' ''O soño sulagado'' (reemplazo republicano destinado á fronte de [[Teruel]], [[1938]]).]]
A unidade estrutural conséguese mediante o emprego constante dun tipo de [[métrica|metros]], especialmente o [[hendecasílabo]] e o [[heptasílabo]]. Utiliza unha ordenación por [[estrofa]]s, non renegando aínda da linguaxe poética tradicional, característica que o definirá en obras posteriores, agás nalgúns casos.
 
As [[figura estilística|figuras literarias]] máis frecuentes son os [[paralelismo]]s e as [[anáfora]]s, xunto coas [[aliteración]]s e as [[onomatopea]]s, as máis das veces cun matiz [[ironía|irónico]]. A construción dos poemas seguindo a liña do prosaísmo crítico é frecuente sobre todo naqueles poemas con intención máis [[sátira|satírica]]. Por outra parte, a riqueza das [[imaxe(literatura)|imaxeimaxes]]s [[símbolo|simbólicas]] é un trazo constante na produción do celanovés que o achega á ''[[Xeración do 27]]'' ou ao [[hilozoísmo]] [[Galiza|galego]].
 
== A lingua ==
Segundo [[Gonzalo Navaza]]<ref>[[Gonzalo Navaza|Navaza, G.]] (1992). Introdución en Ferreiro, C. E. ''Longa noite de pedra'', 2ª ed., [[Edicións Xerais]], páx. 37</ref>, e tomando como referencia o [[Lingua estándar|estándar]] actual do galego, as características máis salientables da lingua d' ''O soño sulagado'' (e, en xeral, de toda a poesía de Celso Emilio) son as seguintes:
# Vacilación perante as diferentes solucións [[ortografía|ortográficas]], [[Morfoloxía (lingüística)|morfolóxicas]] ou [[léxico|léxicas]] (''árbores'' / ''albres''; ''impasíbel'' / ''inmobre''; ''e'' / ''i'').
Liña 66:
Á parte do emprego dalgún [[castelanismo]] e [[hiperenxebrismo]], cómpre salientar a introdución que fai Ferreiro dalgúns campos léxicos pouco comúns na poesía galega daquel tempo, como os relacionados cos ámbitos urbanos ou con terminoloxías [[burocracia|burocráticas]] ou [[tecnoloxía|tecnolóxicas]].
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* [[Ramiro Fonte|Fonte, R.]] (1998). Introdución en Ferreiro, C. E. ''O soño sulagado'', 5ª ed., [[Edicións Xerais]].
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Obras de poesía en galego]]