Kalevala: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
retiro ligazóns agora proporcionadas polo Wikidata
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 6:
A maior parte do Kalevala foi recollido por Lönnrot no leste de Finlandia, agora en boa parte pertencente a [[Rusia]], directamente dos cantores tradicionais como [[Arhippa Perttunen]]. Unha primeira versión publicouna en dous volumes en [[1835]]-[[1836]], ''Kalewala, taikka Wanhoja Karjalan Runoja Suomen kansan muinoisista ajoista'', consiste en 12.079 versos en 32 cantos. A segunda versión publicouna en [[1849]], é a versión actualmente considerada canónica que comprende 22.795 versos en 50 cantos. O Kalevala ata o momento traduciuse a 49 linguas.
 
==== Historia ====
[[ImaxeFicheiro:Inha runonlaulajat.jpg|miniatura|Os irmáns Poavila e Triihvo Jamanen recitando poesía popular tradicional na aldea de Uhtua, na actual República de Carelia (Rusia), en 1894]]
 
Antes do [[século XVIII]] a poesía do Kalevala era común ao longo de Finlandia e [[Carelia]], pero no XVIII comezou a desaparecer nas terras finesas, primeiro no oeste do país, a causa da expansión da poesía rimada europea, que se estaba convertendo en máis común en Finlandia e polos intentos de erradicación que desde a reforma luterana realizaban os sacerdotes para prohibir todas as historias e cancións cunha orixe pagá, aínda así a tradición permaneceu.<ref>{{cite web |url=http://www.finlit.fi/kalevala/index.php?m=11&s=38&l=1|title=Laulut Kalevalan takana|accessdate=31 August 2010}}</ref>
 
O lingüísta e nacionalista finlandés [[Kaarle Akseli Gottlund]] (1796–1875) expresou o seu desexo dunha épica finlandesa que de xeito semellante á ''[[A Iliada|Ilíada]]'', ''[[Beowulf (poema)|Beowulf]]'' ou ''[[Nibelungenlied]]'' fora compilada de varios poemas e cancións representativos de toda Finlandia. El esperaba que tal esforzo había incitar un sentido de nacionalidade e independencia no pobo finlandés. En 1820, [[Reinhold von Becker]] fundou o periódico ''Turun Wiikko-Sanomat'' e publicou tres artigos co título de ''Väinämöisestä'', que se converteron nunha inspiración para Elias Lönnrot á hora de realizar a súa tese na Universidade de Turku.<ref name="Turun Wiikko-Sanomat 1820">{{cita web |url=http://digi.lib.helsinki.fi/sanomalehti/secure/browse.html?action=year&id=1457-4888&name=Turun%20Wiikko-Sanomat|título=Turun Wiikko-Sanomat 1820 archive.|accessdate=19 de agosto de 2010}}</ref>
 
No século XIX a colleita de materiais fíxose máis grande, sistemática e organizada, chegando a [[Sociedade de Literatura Finlandesa]] a arquivar medio millón de páxinas de versos recollidos en Finlandia, [[Estonia]] e Carelia.<ref name="Folklore Fellows #15">{{cita web |url=http://www.folklorefellows.fi/netw/ffn15/fls.html|título=The folklore activities of the Finnish Literature Society |accessdate=19 de agosto de 2010}}</ref> A magna obra ''Suomen Kansan Vanhat Runot'' publicou en 33 volumes 85,000 ítems de poesía ao longo de corenta anos, permanecendo outros 65.000 items inéditos.<ref name="Suomen Kansan Vanhat Runot">{{cita web |url=http://dbgw.finlit.fi/skvr/|título=Suomen Kansan Vanhat Runot kotisivu|accessdate=19 de agosto de 2010}}</ref>. A finais do XIX a colleita de materiais en Carelia e áreas do leste de Finlandia convertérase nunha moda, denominada [[carelianismo]], unha forma de [[romanticismo nacional]].
 
Segundo o folclorista finlandés [[Kaarle Krohn]] 20 dos 45 poemas do ''Kalevala'' poderían ter a súa orixe en Estonia, mentres que 23 serían do oeste de Finlandia e 2 de [[Ingria]].<ref name="Lauri Honko">Lauri Honko, ''Religion, Myth, and Folklore in the World's Epics: The Kalevala and Its Predecessors'', Walter de Gruyter, 1990, ISBN 3-11-012253-7</ref>
 
== Notas ==
Liña 27:
 
{{Mitoloxía nórdica}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Epopeas]]