Encarnación: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 4:
A '''encarnación''' é unha crenza común á maioría das confesións do [[cristianismo]], que sosteñen que Deus se fixo home en [[Xesús de Nazaret]]. Trátase dun [[dogma]] fundamental que foi obxecto de enormes disputas no seu xeito de ser entendido. Dende o [[adopcionismo]] ata o [[monofisismo]], pasando polo [[arianismo]], o [[nestorianismo]] e o [[monotelismo]].
 
== Evolución da crenza ==
Dos primeiros textos cristiáns: as cartas de San [[Paulo de Tarso]] e dos [[evanxeos sinópticos]], despréndese a convicción de que no home Xesús se manifestou dun xeito pleno a Palabra de Deus e o seu [[Amor]] por todos e cada un dos homes. Na propia carta aos Efesios de Paulo de Tarso, chégase a afirmar que Xesús, sendo Deus, non retivo con cobiza a súa dignidade senón que se alienou da súa condición divina (''kenosis'') para facerse home e tomar a condición de escravo ata a súa entrega na cruz. Tal acontecemento concíbese como misterioso e insólito, pero deféndese como irrenunciable e nuclear para a fe das primeiras comunidades que acaban rexeitando o gnosticismo que afirmaba que a humanidade de Xesús era mera aparencia, e que non podía haber contacto entre a divindade e a carne, concibida como corrupción e impureza.
 
Liña 13:
A través do home Xesús,(consonte a crítica histórica, un campesiño da aldea de [[Nazareth]], que anunciou o reino de Deus e foi crucificado polos romanos), as confesións cristiás afirman que Deus entrou na dimensión espazo-temporal, compartiu plenamente a nosa natureza e experimentou humanamente o amor, o sufrimento moral e físico ata a mesma morte. Deste xeito, a encarnación é a base da doutrina da [[redención]] mediante a cal Deus mesmo dá un sentido á vida dos homes e abre para eles un destino transcendente. Estas ideas foron maduradas polas reflexións dos [[Pais da Igrexa]] e definidas nos primeiros concilios ecuménicos, particularmente o [[Primeiro Concilio de Nicea]] (non aceptado polos arianos), o [[Concilio de Éfeso]] (non aceptado polos nestorianos) e o [[Concilio de Calcedonia]] (non aceptado polas igrexas [[monofisitas]]).
 
== A Encarnación no contexto das relixións ==
Esta concepción marca unha diferenciación fundamental co resto das relixións da antigüidade, onde o home a través do culto, a ofrenda e os sacrificios tenta achegarse á divindade e acadar o seu favor. No cristianismo a encarnación supón o movemento inverso: é o amor de Deus quen descende materializándose a través da concepción dun home nacido de muller, Deus intérnase na súa propia Creación e renova nela todas as cousas.
 
Liña 19:
 
Esta concepción fai incompatible o cristianismo mesmo coas relixións de raíz común: o [[xudaísmo]] e o [[islam]]. Para o primeiro, Xesús é un falso [[Mesías]] e asocialo a [[Deus]] unha [[blasfemia]]; para o segundo, Xesús é un dos grandes profetas que aparecen no [[Corán]] ata o punto en que Deus non permitiu que morrera na cruz, pero que en modo algún pode ser considerado igual a El.
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Xesús de Nazaret]]