Xoán o Ancián: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 1:
'''Xoán o Ancián''' (tamén '''Xoán o Presbítero'''; do helenismo ''presbyteros'', precisamente "ancián") foi un escuro personaxe da Igrexa antiga que unhas veces se identifica co [[Xoán o Apóstolo|Apóstolo Xoán]] e outras con [[Xoán de Patmos]]. Aparece en fragmentos do padre da Igrexa [[Papías de Hierápolis]] como unha das fontes do autor, e sen ningunha dúbida é distinguido do Apóstolo por [[Eusebio de Cesarea]]. A miúdo se suxire que pode ser un autor alternativo dalgúns dos libros que no [[Novo Testamento]] se atribúen a Xoán .
 
== Papías ==
 
''Xoán o Presbítero'' aparece nun fragmento de Papías, bispo de [[Hierópolis]] no século II, quen publicara en cinco volumes unha "Exposición sobre os ditos do Señor" (en grego ''κυριακῶν λογίων ἐξηγήσις'', ''Kyriakôn logiôn exêgêsis''). Esta obra perdeuse mais fican fragmentos citados por [[Ireneo de Lión]] (202) e [[Eusebio de Cesarea]] (339).
Liña 9:
<blockquote> "Pero non me negarei a escribir, xunto coas miñas interpretacións, cantas instrucións recibira con coido dos anciáns e que gardei con coido na memoria, á vez asegurándoche a súa verdade. Porque eu non me compracía, como a multitude, nos que falaban moito, senón nos que ensinaban a verdade; nin en aqueles que daban mandamentos estraños, senón nos que repetían os que o Señor dera para a nosa fe e que proceden da verdade mesma. Se, entón, viña calquera dos que seguiran aos anciáns, eu inquiría minuciosamente nos ditos deles: que dixera Andrés, que Pedro, que Filipe, que Tomé ou Santiago, ou qué Xoán ou Mateo ou calquera outro dos discípulos do Señor; o que din Aristión e o ancián Xoán, discípulos do Señor. Porque eu cría que aquilo que se pode obter dos libros non me era tan proveitoso coma o que ven da voz viva e permanente."<ref>Church History, Book III, Chapter 39". The Fathers of the Church. NewAdvent.org.</ref></blockquote>
 
== Interpretación ==
 
A interpretación deste texto ten basicamente dúas perspectivas: a de que Eusebio de Cesarea distingue entre dous Xoáns, o apóstolo e o ancián, e da que, como sostén a tradición da Igrexa, identifica só a un.
 
=== Distinción ===
Eusebio, o historiador da Igrexa, mediante a devandita pasaxe, é o primeiro en distinguir inequivocamente un Xoán o Ancián dun Xoán o Apóstolo. Presenta a cita coas seguintes palabras:
<blockquote>''Ademais, o propio Papías, na introdución aos seus libros, manifesta que non era el mesmo un oínte e testemuña ocular dos santos apóstolos; senón que nos di que recibiu as verdades da nosa relixión dos que estaban familiarizados con eles [os apóstolos]''.<ref>Op. cit.</ref></blockquote>
Liña 34:
A atribución de Xerome da [[Segunda Epítola de Xoán]] e a [[Terceira Epístola de Xoán]] faise eco do texto destes libros, nos que o autor se auto-refire como ''"ho presbyteros"'', que pode ser traducido como "o presbítero", "o maior", "o ancián", "o vello", a mesma palabra que usa Papías.
 
O [[''Decretum Gelasianum''|''Decretum Gelasianum'']] asociado co [[Papa Xelasio I]], aínda que posterior a el, segue a Xerome aceptando que unha carta é de Xoán o Apóstolo e dúas outras de Xoán o Ancián.
 
En tempos modernos, a distinción a miúdo reviviu, sobre todo –e contrastando claramente coa perspectiva de Eusebio– "para apoiar a negación da orixe apostólica do Cuarto Evanxeo ",<ref name="NewAdvent_CathEn">{{cite web | url=http://www.newadvent.org/cathen/08492a.htm#II | title=St. John the Evangelist: The Alleged Presbyter John | work=Catholic Encyclopedia | publisher=NewAdvent.org | accessdate=2014-08-03}}</ref>
cuxa "beleza e riqueza" algúns estudosos achan difícil de atribuir a un "pescador de Galilea".<ref>[http://www.30giorni.it/te/lettere.asp?id=74 ''Fragen und Vorurteile zum Johannesevangelium''] {{wayback|url=http://www.30giorni.it/te/lettere.asp?id=74 |date=20051228115821 }}</ref>
 
=== Controversia pola súa identificación ===
 
Gran parte da tradición da Igrexa atribuiu directamente todos os libros do Xoán do Novo Testamento a un único autor, o apóstolo Xoán. A opinión exposta por Eusebio non permaneceu incontestada. A ''[[Enciclpedia Católica]]'' dos anos '90, por exemplo, afirmaba que a distinción "non ten base histórica".<ref name="NewAdvent_CathEn"/> Para apoiar esta opinión, propón catro argumentos:
 
* O testemuño de Eusebio é discutible, xa que a súa afirmación de que Papías "non era un oínte nin unha testemuña ocular dos santos apóstolos" se contradí coa pasaxe na ''Crónica'' de Eusebio que expresamente chama ao Apóstolo Xoán mestre de Papías.
* A interpretación de Eusebio derivaríase da súa oposición o milenarismo e ao Libro do Apocalipse. Distinguindo entre dúas persoas co nome de Xoán, Eusebio podería rebaixar ese libro como obra do Ancián, no canto do Apóstolo, e tamén minar a reputación de Papías como alumno do Apóstolo.
* Na pasaxe, Papías usa as mesmas palabras -''presbítero'' (ou ''ancián'') e ''discípulos do Señor''– tanto para nomear os Apóstolos como para nomear ao segundo Xoán. A repetición de Xoán explícase pola "peculiar relación" de Papías con Xoán, de quen deprendera algunhas cousas de xeito directo e outras indirecto.
* Antes de Eusebio non había ningunha mención sobre un segundo Xoán en Asia. Digno de especial atención neste contexto é [[Ireneo de Lión]], el mesmo, alumno de [[Policarpo de Esmirna]]. No seu libro ''[[Adversus Haereses]]'', que se conserva nunha version latina, Ireneo menciona a "Papías, o oínte de Xoán, e un compañeiro de Policarpo" (Libro V, capítulo 33),<ref name="NewAdvent_Irenaeus_1">{{cite web | url=http://www.newadvent.org/fathers/0103533.htm | author=[[Irenaeus|St. Irenaeus]] | | title=Against Heresies (Book V, Chapter 33) | work=The Fathers of the Church | publisher=NewAdvent.org | accessdate=2014-08-03}}</ref> sen sinalar que este fora ningún outro Xoán máis que "Xoán, o discípulo do Señor, quen tamén se apoiara no Seu peito [e] fixera público el mesmo un Evanxeo durante a súa estada en Éfeso, Asia" (Libro III, capítulo 1).<ref name="NewAdvent_Irenaeus_2">{{cite web | url=http://www.newadvent.org/fathers/0103301.htm | author=St. Irenaeus | | title=Against Heresies (Book III, Chapter 1) | work=The Fathers of the Church | publisher=NewAdvent.org | accessdate=2014-08-03}}</ref>
Na súa "Carta a Florino", da que se conserva un fragmento, Ireneos fala de "Policarpo que recibira así [información] das testemuñas oculares da Palabra de vida " e de Xoán como "aquel ancián bendito e apostólico ".<ref name="Eusebius">{{cite book | author=Eusebius | title=The History of the Church | chapter=Book V | page=112 | isbn=9781420924060 | url=http://books.google.com/books?id=DPrIxSgq9rcC&pg=PA112&lpg=PA112&dq=%22that+if+that+blessed+and+apostolic+presbyter+had+heard+any+such+thing%22&source=bl&ots=KPHtmEtrQv&sig=vhKba7HfPjHvOCmV_2O2se8bYec&hl=en&sa=X&ei=93jeU4buLIqNyASx-YLYDg&ved=0CDIQ6AEwBA#v=onepage&q=%22that%20if%20that%20blessed%20and%20apostolic%20presbyter%20had%20heard%20any%20such%20thing%22&f=false | accessdate=2014-08-03}}</ref><ref name="NewAdvent_Irenaeus_3">{{cite web | url=http://www.newadvent.org/fathers/0134.htm | author=St. Irenaeus | | title=Fragments from the Lost Writings of Irenæus | work=The Fathers of the Church | publisher=NewAdvent.org | accessdate=2014-08-03}}</ref>
 
Recentemente [[Richard Bauckham]], no seu libro ''Jesus and the Eyewitnesses'' ("Xesús e o testemuño ocular"), argumentou a favor de distinguir entre o Apóstolo Xoán e Xoán o Ancián mediante un novo compromiso coa evidencia que proporcionan Papías, Eusebio, Ireneo, [[Polícrates de Éfeso]] e o [[canon muratori]].
 
== Notas ==
Bibliografía en inglés
{{Reflist}}
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.mindspring.com/~scarlson/synopt/ext/papias.htm External Evidence in Synoptic Source Criticism]
* [http://www.newadvent.org/cathen/08492a.htm#II ''Catholic Encyclopedia'': "St. John the Evangelist"]
* [http://www.ccel.org/ccel/schmiedel_paul/johannine_writings.iv.ii.i.html ''The Johannine Writings'' by Paul W. Schmiedel]
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Novo Testamento]]