Evanxeo de Lucas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 2:
O '''Evanxeo de Lucas''' é o terceiro libro do [[Novo Testamento]] dentro da [[Biblia]]. Recolle unidades de predicación constituídas por feitos da vida de [[Xesús de Nazaret]] e tamén ditos, a maioría moi probablemente da denominada fonte Q. Constitúe unha unidade literaria cos [[Feitos dos Apóstolos]]
 
== Autor ==
O Evanxeo de Lucas non contén ningunha referencia expresa a un posible único autor. Hai que agardar ao século II cando [[Irineo de Lión|Ireneo de Lyon]] menciona a un compañeiro de [[Paulo de Tarso]], [[Lucas o Evanxelista|Lucas]], como o autor dun Evanxeo e o relato das andanzas daquel.
 
Liña 20:
Despois, na súa laboura propia de autor, Lucas ordena este material seguindo unha estrutura de camiño que sae de Nazaret e chega a Xerusalén.
 
== Data de composición ==
Hai quen sonstén unha data temperá debido a que nos Feitos dos Apóstolos non se cita a morte de Paulo. Con todo, a utilización de materiais do [[Evanxeo de Marcos]] situaríao nunha data posterior ao ano [[70]], no albor da segunda xeración de cristiáns. A data límite a proporcionarían os textos do [[marcionismo]] que ao redor do ano [[150]], ao considerar como único evanxeo o de Lucas, supoñen xa un espallamento significativo do texto.
 
== Lugar de composición ==
Irineo considera que foi escrito xa en [[Roma]] e o Prólogo Antimarcionita en Acaia. A primeira hipótese pode apoiarse en que Lucas é o único evanxelista cuxo marco referencial é o conxunto do Imperio. Para el, o lago de Xenesaret non é o mar de [[Galilea]], vencella o nacemento de Xesús co Decreto do Emperador [[Octavio Augusto]], a predicación de [[Xoán o Bautista]] sitúase no décimo quinto ano do reinado de [[Tiberio]] e o camiño de Paulo remata en Roma.
 
== Lingua ==
O evanxeo está escrito en [[lingua grega|grego]] por un autor que dominaba un certo rexistro culto desta lingua e coñecía técnicas de composición propias do [[helenismo]] e as súas escolas de [[retórica]]. Tiña tamén un bo coñecemento do [[Antigo Testamento]]. Ademais do Evanxeo de Marcos, no que introduce subordinadas e un vocabulario máis culto, e o texto dos ditos (Q) centrado no amor ao inimigo e máis conciso que o Evanxeo de Mateo, Lucas ten fontes propias.
 
== Estrutura ==
Lucas estrutura o Evanxeo, igual que despois fará cos [[Feitos dos Apóstolos]], como un camiño, neste caso desde Nazaret, a terra de Xesús, ata Xerusalén, a capital do pobo escolleito. Este xeito de presentar a mensaxe de Xesús fai que, chegado o caso, o autor aporte datos xeográficos incoherentes co que sabemos da Palestina.
Podemos facer varios apartados no escrito:
Liña 39:
* Resurrección e relatos de aparicións, Ascensión.
 
== Destinatarios ==
 
O mundo vital dos destinatarios semellan as clases humildes do [[Imperio Romano]]. No Evanxeo de Lucas existen ameazas e condenas radicais aos ricos que contrastan con certa espiritualización da opción polos pobres que aparece no [[Evanxeo de Mateo]] (o nacemento de Xesús nun pesebre, o anuncio aos pastores e non aos magos de oriente, os ais xunto a unhas lacónicas benaventuranzas que proclaman a felicidade dos pobres e esfameados, a parábola do rico epulón e o pobre Lázaro, a conversión de Zaqueo que devolve o froito da extorsión, a figura da [[Virxe María]] como a mociña humilde que arela que Deus derrube aos poderosos...). A mensaxe de perdón con independencia do cumprimento da [[Torá]] de [[Moisés]] aparece en parábolas e feitos de Xesús con especial énfase (a parábola do fariseo e o publicano, escena coa prostituta, o fillo pródigo, loanza do estranxeiro herético samaritano na parábola do mesmo nome, a promesa do Paraíso a un dos crucificados, o perdón dos que o crucificaban e se burlaban..). A mensaxe diríxese, xa que logo, especialmente a xentís ou pagáns de clases baixas, dunha segunda xeración de cristiáns non tanto de medios rurais nos que se moveu Xesús sobre todo, senón de comunidades urbanas inseridas na vida das cidades do Imperio. A mensaxe de solidariedade dirixida aos ricos fala tamén dunha certa heteroxeneidade económica. A todos eles se lles presenta Xesús como o [[Mesías]] agardado por Israel que trae unha boa nova, unha mensaxe de perdón universal do que deriva unha conversión que supón o seguimento incondicional de Xesús, o amor ao inimigo, a solidariedade cos pobres e a ameaza aos ricos e farturentos. Albíscase nisto unha certa concomitancia coa mensaxe sobre a fe e a [[graza]] en Paulo de Tarso.
 
== Véxase tamén ==
{{Commonscat}}
=== Bibliografía ===
Liña 51:
* Hengel, M. ''Acts and the History of Erliest Christianity'', Philadelphia 1979
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.abibliagalega.com/contactanos/evanxeos/lucas-/ Evanxeo de Lucas]
 
{{Libros da Biblia}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Novo Testamento]]