Libro de Isaías: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 1:
O '''Libro de Isaías''' é un [[Libros proféticos|libro profético]] da [[Biblia]], que contén a predicación do profeta Isaías e da súa escola.
Isaías é o primeiro e o máis extenso dos [[Profetas maiores]]. O libro é unha reflexión sobre a evolución política, relixiosa e histórica de Israel desde a reforma de [[Xosías]] ata a volta do desterro de [[Babilonia]].
[[FileFicheiro:Great Isaiah Scroll.jpg|miniatura|dereita|1050px|Reprodución fotográfica do Gran Rolo de Isaías, o mellor conservado dos textos bíblicos atopados en [[Qumrán]]]]
 
== Época de composición ==
[[Ficheiro:Santiago Catedral Pórtico da gloria GDFL6.JPG|miniatura|300px|Isaías (segundo pola dereita) no [[Pórtico da Gloria]]]]
O contido do libro abrangue máis de dous séculos de [[Historia de Israel]]: comeza no reinado de [[Rei Ezequías de Xudá|Ezequías]], do que Isaías foi ministro, segue coa invasión babilónica e o desterro durante o reinado de [[Rei Xaquín de Xudá|Xaquín]], fala dos tempos do desterro e remata coa volta a Palestina e a reconstrución de Xerusalén.
Liña 25:
Nesta cronoloxía só faltaría situar os dous fragmentos chamados "pequeno" e "grande" apocalipse de Isaías. Que pode resultar máis complicado pola diversidade de opinións que podemos atopar.
 
== Autor ==
[[Ficheiro:Isaiah-Michelangelo.jpg|miniatura|esquerda|300px|Isaías nos frescos da Capela Sixtina, de [[Michelangelo]]]]
Para determinar o autor hai que ter en conta, primeiro, varias cousas:
Liña 34:
Con estes datos, os expertos falan de tres autores:
* ''Protoisaías'', autor dos capítulos 1 ao 39, correspondente á parte histórica anterior ao exilio, que se identifica co Isaías ministro de Xosías que dá nome a todo o libro.
* ''Deuteroisaías'': autor dos capítulos 40 a 55, discípulo do ''primeiro Isaías'' ou membro da súa escola, responsable das profecías do exilio, destinadas a manter viva a esperanza no pobo de Israel.
* ''Tritoisaías'': o profeta da volta a Palestina, autor dos capítulos 56 a 66, que anima o pobo ante as dificultades da reconstrución.
Con todo, non falta quen diga que esta última parte, en lugar de ser de autor único, ben podería ser unha recompilación de textos serodios<ref>ALONSO SCHÖKEL, L. E SICRE DÍAZ J.L: ''PROFETAS (Comentario)'' (parte 1), Madrid 1980, Ed. Cristiandad, pax. 95</ref>.
Liña 40:
Ademais, hai uns fragmentos que se poderían atribuír a outro ou outros autores, aínda que neste punto hai bastante división segundo os estudosos, si parece claro no caso dos chamados ''gran apocalipse'' (capítulos 24 a 27) e ''pequeno apocalipse'' (capítulos 34-35).
 
== Isaías e a súa escola ==
Isaías, o primeiro autor e o que dá título ao libro, era membro dunha familia aristocrática de [[Xerusalén]]. Foi ministro do rei Xosías e o gran impulsor da súa reforma relixiosa, que terminou de asentar definitivamente o culto a Iavé en Israel e rematou con tódolos lugares de culto dispersos por Palestina.
 
Coa súa actividade pública e a súa acción profética creou arredor del unha escola que continuou e ampliou a súa reflexión. Todo ese corpus literario rematou, co tempo, unido nun só texto, que quedou baixo o nome do fundador da escola. Un pouco ao xeito do que sucede con [[Pitágoras]] e os pitagóricos.
 
== Notas ==
 
{{Listaref}}
 
== Véxase tamén ==
 
{{Commonscat}}
{{wikisource}}
=== Bibliografía ===
 
* {{cita libro
Liña 72:
}}
 
=== Outros artigos ===
 
* [[Libros proféticos]].
* [[Historia de Israel]].
 
=== Ligazóns externas ===
 
* [http://www.vatican.va/archive/ESL0506/__P9K.HTM Libro de Isaías (en castelán)].
 
{| border="1" width="75%" align="center"
Liña 89:
 
{{Libros da Biblia}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Biblia]]