Götzen-Dämmerung oder Wie man mit dem Hammer philosophiert: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 5:
Xa comezando polo título, podemos apreciar unha obra que dende a primeira á derradeira páxina, está cargada da gran ironía que Nietzsche é capaz de facer constar.. o titulo, en concreto, é unha ironía contra [[Richard Wagner|Wagner]] (especialmente perceptible en alemán).
 
== Estrutura da obra ==
=== Prólogo ===
Nietzsche confesa que a tarefa de realizar a súa obra filosófica capital, xa sexa ''A vontade de poder'' ou ''A transvaloración de todos os valores'', é un peso excesivo que o sobrepasa. Para liberarse dese terrible destino busca entreterse cunha obriña xovial, divertida e guerreira. O resultado sería precisamente esta obra ''O Crepúsculo dos ídolos''.
 
=== Sentenzas e frechas ===
Nesta primeira parte atopámonos con corenta e catro breves aforismos, que se contan entre os mais brillantes e enxeñosos de toda a obra nietzscheana. Neles Nietzsche, que xa se nos revelara como mestre do aforismo en ''[[Menschliches, Allzumenschliches|Humano, demasiado humano]]'', e ''[[Jenseits von Gut und Böse|Para alén do ben e do mal]]'', ocupase de temas tan variados como a muller, o Reich alemán, o filósofo, a moral, a arte ou a ciencia. Esta primeira parte culmina no prodixioso aforismo que di: “Fórmula da miña ledicia: un si, un non, unha liña recta, unha meta”.
 
=== O problema de [[Sócrates]] ===
Este capítulo retoma a tese principal do ''[[Die Geburt der Tragödie aus den Geiste der Musik|nacemento da traxedia]]'', mediante unha monografía acerca de Sócrates, que xa fora tema central no ''nacemento da traxedia''. O que a filoloxía académica considera o esplendor do pensamento grego, o binomio Sócrates-[[Platón]], é para Nietzsche o principio da decadencia fisiolóxica dos gregos, do empobrecemento dos seus instintos. Sócrates, simboliza este primeiro paso para o [[nihilismo]]. Porén, Nietzsche exprésase nun estilo totalmente xovial; cóntanos que Sócrates foi plebeo, feo, e polo tanto criminal, enfermo e decadente. Tamén critica a súa dialéctica e a racionalidade, que segundo Nietzsche só e síntoma da enfermidade que o estaba a corroer. Sócrates non “foi libre” de ser dialéctico e racional: estivo forzado a selo.
 
=== A razón na filosofía ===
Unha parte de gran importancia dende o punto de vista da [[metafísica]] de Nietzsche dentro do conxunto da obra; na que describe a idiosincrasia do filósofo típico que houbera ata este momento, contrapoñéndoo aos novos filósofos que están a aparecer. A idiosincrasia do filósofo resúmese no seu odio á vida mesma do [[devir]], e no seu odio á vida. Tamén se leva a cabo unha crítica da metafísica platónica culpable da desvalorización do mundo sensible en favor dun mundo inexistente, o "mundo verdadeiro".
 
=== Como o mundo verdadeiro acabou converténdose nunha fábula ===
Dúas páxinas nas que Nietzsche resume dous mil cincocentos anos de filosofía dende [[Platón]], “partindo das brumas nocturnas e pasando polo amencer e pola mañá, culmina no mediodia” identificada con Zaratustra: “o instante da sombra máis curta”.
 
=== A moral como contranatureza ===
Un ataque frontal e unha crítica devastadora á moral cristiá e o seu depravado divulgador, o [[sacerdote]], onde se demostra a esplendorosa habilidade de Nietzsche para combinar a broma e a burla co ataque serio. Segundo Nietzsche, a moral tende a aniquilar as [[paixón]]s, por mor da estupidez existente nelas. E segundo el mesmo exemplifica, a medicina preconizada pola moral equivale a extraer os dentes para que estes non doan.
 
=== Os catro grandes erros ===
Neste apartado, que se acha en intima conexión co terceiro e equivale a unha aplicación práctica da razón en [[filosofía]], redúcense a catro grandes erros do pensamento occidental; todos psicolóxicos pero con graves consecuencias morais. Ademais, os catro converxen nunha crítica desapiadada dos conceptos de [[liberdade]] e culpa tal e como foron utilizados polo cristianismo para converter aos seres humanos en escravos. Estes catro erros son:
* erro da confusión da causa coa consecuencia
* erro da causalidade falsa
* erro das causas imaxinarias
* erro da vontade libre
 
=== Os melloradores da humanidade ===
Para Nietzsche absolutamente todo o que a relixión e a moral fixeron ata este momento co pretexto de "mellorar" á humanidade serviu soamente para empeorala considerablemente, debilitando os seus instintos e converténdoa en rabaño. Tamén se alude por vez primeira á moral e a relixión india, recentemente descuberta por el a través da lectura do [[Código de Manú]]. Como conclusión do estudo e confrontación das diferentes morais chegase á seguinte afirmación: tódolos os medios con que se pretendeu ata agora facer moral á humanidade foron radicalmente inmorais.
 
=== O que os alemáns están perdendo ===
É a partir deste capítulo onde a atmosfera da obra da un gran xiro en canto a temática e en canto a forma de tratala. Aquí, Nietzsche móstranos que foi sempre moi crítico con dous impulsos alemáns que durante o século XX desencadearán episodios terribles da historia de Europa: o [[nacionalismo]] e o [[antisemitismo]], os que trata e critica nesta parte.
 
=== O que eu debo aos antigos ===
Onde Nietzsche nos presenta os pros e os contras do mundo grego; unha excelente iniciación aos grandes autores da Antigüidade clásica, pola boca do noso autor e tratando o que el considera problemas, e tamén as virtudes desa época.
 
=== Incursións dun intempestivo ===
Aquí continúase o que podería ser considerado unha especie de “segunda parte” da obra, posto que ata o momento se trataran outros temas, e de maneira diferente; onde se mantivera nun ton máis ben teórico, discursivo, “filosófico”. Porén, aquí chega o instante das confesións, e mesmo da autobiografía. Concretamente neste capítulo Nietzsche fainos ver como toda a cultura oficial da época é machucada polo martelo. Especialmente relevantes son as críticas a [[Jean-Jacques Rousseau|Rousseau]], [[Kant]] e [[Schopenhauer]].
 
=== Fala o martelo ===
Para pechar a obra, e tras unha reflexión que Nietzsche nos pon en boca do diamante e o carbón... en tan só nunha páxina déixanos claro un consello: endurecedevos!
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://serbal.pntic.mec.es/~cmunoz11/lario28.pdf Obra en castelán en pdf]
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Obras filosóficas]]