Diferenzas entre revisións de «O dereito á preguiza»

m
Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m (Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética)
Na obra Lafargue realiza unha crítica [[marxismo|marxista]] do sistema económico xurdido do [[capitalismo]], cuxo desenvolvemento desembocaría nunha crise de superprodución, causa de paro e miseria entre a clase traballadora. Lafargue propón acadar, mediante a xeralización do uso das máquinas e a redución da xornada laboral, o estadio dos dereitos do benestar co que culminaría a [[revolución social]], e cuxa sociedade pode consagrar o seu tempo ás ciencias, a arte e a satisfacción das necesidades humanas elementais.
 
== Edicións ==
''O dereito á preguiza'' acadou unha gran popularidade entre os partidarios e críticos co [[movemento obreiro]] europeo a finais do [[século XIX]] polo seu estilo irónico e contido polémico, para máis tarde significarse como unha das obras literarias de maior relevancia de [[Francia]].
 
Trala [[Revolución Rusa de 1917|revolución rusa]] e co auxe do pensamento partidario das políticas [[Unión Soviética|soviéticas]] do produtivismo, que é criticado na obra de Lafargue, o texto foi relegado até que trala [[Segunda Guerra Mundial]] foi redescuberto para a súa reedición e reivindicación por sectores moi dispares, abandonando a súa condición de obra ideolóxica para converterse en patrimonio universal.
 
== O pensamento de Lafargue ==
N' ''O dereito á preguiza'', o autor fai unha defensa do soño da abundancia e o goce, e da liberación da [[escravitude]] do traballo, empregando a [[paradoxa]] como [[figura estilística]] para explicar mellor a doutrina marxista entre a clase obreira do seu tempo. Tomado como oposición á declaración do [[dereito ao traballo]] de [[1848]] (o subtítulo do libro é ''Réfutation du «Droit au travail»'' de 1848''), Lafargue defende que o traballo é o resultado dunha imposición do [[capitalismo]], contrariamente á idea tradicional de reivindicación obreira, contrapoñendo o dereito á preguiza, máis acorde cos instintos da natureza humana, cos que se acadarían o [[dereito ao benestar]] e a culminación da revolución social.
 
Non obstante, para Lafargue o maquinismo ou a introdución das máquinas nun sistema capitalista podería xeneralizar o paro e a miseria, mentres que no triunfo revolucionario, representarían o instrumento básico para "traballar o menos posible e disfrutar intelectual e fisicamente o máis posible".
 
== Influencia ==
''O dereito á preguiza'' permitiu precisar os argumentos do pensamento de Lafargue en contra das teses de economistas teóricos do capitalismo, polo que tivo unha grande acollida entre o marxismo e o [[anarquismo]]. Máis tarde, tralas reedicións da década de [[1970]], a obra foi estudada polos teóricos da [[sociedade do ocio]], sendo unha obra considerada como precursora das súas doutrinas en favor de reducir a xornada laboral e consagrar mayior tempo ás ciencias, artes e necesidades imprescindibles.
 
== Crítica ==
Para Pérez Ledesma, malia o rigor central de Lafargue, cae con frecuencia no uso de tópicos e apoloxías nas súas análises das formas de vida preindustriais que se axustan pouco á realidade histórica. Noutros fragmentos da súa obra tamén se recurre a caracterizacións étnicas coas que distingue aos diferentes pobos para os que o traballo é unha necesidade (entre eles cita aos galegos), aos que el considera libres á vez que demostra unha desconsideración cara aos traballos manuais na mesma liña que os filósofos da época clásica asentados entón nun sistema económico baseado no [[escravismo]].
 
== Os galegos n'O dereito á preguiza ==
Paul Lafargue cita aos [[Galicia|galegos]] coma un exemplo negativo, canda [[Escocia|escoceses]], [[Auvernia|auverneses]], [[Pomerania|pomeranos]] e [[China|chineses]]. En contraposición cita a [[España|españois]] e [[Grecia|gregos]] como exemplo contrario.
 
{{Cita|Por contra, cales son as razas para as que o traballo é unha necesidade orgánica? Os auverneses; os escoceses, eses auverneses das Illas Británicas; os galegos, eses auverneses de España; os pomeranos, eses auverneses da Alemaña; os chineses, eses auverneses de Asia.}}
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* ''O dereito á preguiza''. Edicións Positivas, ISBN 978-84-87783-59-7. Tradución de [[Onofre Sabaté]].
* ''[http://fr.wikisource.org/wiki/Le_Droit_%C3%A0_la_paresse Le droit à la paresse]'', texto íntegro orixinal en [[wikisource]] {{fr}}.
 
{{ORDENAR:Dereito a preguiza}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Obras literarias de 1880]]
[[Categoría:Obras literarias en francés]]
393.002

edicións