La aldea gallega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 1 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q9018300
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 2:
'''''La aldea gallega''''' (''A aldea galega''), baixo o subtítulo de ''Estudio de derecho cosuetudinario y economía popular'', é un libro de [[antropoloxía]] social escrito por [[Nicolás Tenorio Cerero]] a partir das experiencias recollida na zona de [[Viana do Bolo]] ([[Ourense]]) entre 1904 e 1906.
 
== Historia e características ==
Foi publicada orixinariamente en [[Cádiz]] no ano [[1914]], na imprenta de Manuel Álvarez, e reeditada en Galicia en [[1982]], por Carlos García Martínez.
 
Liña 13:
 
* ''Capítulo I:'' ''Aldeas e propiedades comunitarias'': no que se describe o partido xudicial, a fundación e a condición social de Viana e dos vianeses. Tamén se reflicte a figura do ''Concello da aldea'', a propiedade comunal e o reparto e aproveitamento dos montes e das terras, e os ''Libros de Avances'' (cadernos de papel e fío onde figuraban inscritas as propiedades individuais e familiares).
* ''Capítulo II:'' ''Costumes agrícolas da aldea'': recolle todo o relacionado co traballo agrícola no campo (seitura, malla, cultivo e preparación do liño, particións de auga e o contrato de parceiría).
* 'Capítulo III'' ''Costumes familiares da aldea'': describe os costumes referentes aos noivados e as vodas, destacando a petición de man, as amoestacións, o ''alboroque'' (que se celebra o día no que é lida a primeira amoestación) e todo o ritual e festa subseguinte (voda e tornavoda). Finaliza describindo a [[morte]] e o seu entorno: velorio, enterro e culto ós mortos.
* '''Capítulo IV:'' ''Festas públicas da aldea'': aquí aparecen os eventos festivos típicos de calquera aldea galega, como son o Día do Patrón, o [[Entroido]], Día de Reises, Festa de San Antón, Os Maios, a [[noite de San Xoán]], as festas á luz da lúa e os fiadeiros.
* ''Capítulo V:'' ''Supersticións da aldea'': aquí o autor centrouse en temas de maxia mesturada coa relixión. Así, recolle o papel das meigas, sabios e adiviñas, a [[Semana Santa]], conxuros, obxectos e xestos protectores e maléficos, agoiros de boa e de mala sorte, e o famoso ''[[O Ciprianillo|Ciprianillo]]'' (libro que contiña ensalmos máxicos, lidos para conxurar o demo e atopar tesouros).
 
=== Orixe da obra ===
Nicolás Tenorio chega a Viana desde [[Sevilla]] en outubro do ano [[1900]] cando o Ministro de Graza e Xustiza noméao Xuíz de Primeira Instancia e Instrución do Partido Xudicial de [[Viana do Bolo]]. Exerce en Viana ata xuño de [[1906]], data na que foi trasladado a [[Vilamartín de Valdeorras]]. Finalmente, ó redor de [[1912]] regresa a [[Andalucía]].
 
O libro describe a vida do concello de [[Viana do Bolo]] en [[Galicia]] e está escrito, xa en Cádiz, a partir dos datos recollidos naqueles seis anos.
 
== Curiosidades ==
* Estivo varios anos sen ser publicada porque o tema non resultaba interesante para os editores da época.
* Hoxe unha rúa vianesa leva o seu nome.
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* [[Nicolás Tenorio Cerero|TENORIO, Nicolás]]: ''La aldea gallega. Estudio de derecho consuetudinario y economía popular''. Introdución de [[Carlos García Martínez]]. [[Edicións Xerais de Galicia]], Vigo 1982. {{es}}
 
{{ORDENAR:Aldea gallega, La}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Obras literarias de 1914]]
[[Categoría:Obras literarias en castelán]]