The Adventurer: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
img
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 23:
}}
 
[[FileFicheiro:The Adventurer (1917).webm|thumb|thumbtime=5|upright=1.5|''The Adventurer'']]
'''''The Adventurer''''' ('''''Charlot, presidiario'''''/'''''O aventureiro''''') é unha [[curtametraxe]] de [[1917]], protagonizada e dirixida por [[Charles Chaplin]]. Esta foi a súa ultima película para os estudos [[Mutual]], e a ultima aparición de [[Eric Campbell]].
 
== Argumento ==
{{Spoiler}}
Un grupo de [[policía]]s busca na praia infrutuosamente un fuxitivo. O máis gordo deles ponse a descansar, e cabo del emerxe da terra Chaplin, con traxe de presidiario. O preso escapa ao ver os policías, sobe o outeiro, despois báixao e acaba escondéndose detrás das pedras e dálles patadas aos seus perseguidores cando pode. Escapa finalmente nadando polo [[mar]], mentres os gardas lle disparan e o perseguen nun bote. No porto está Edna co seu pretendente, o xigante de grandes barbas e cellas (Eric Campbell). Subitamente aparece a mai de Edna afogándose, o xigante en vez de axudala ponse a pedir auxilio e a filla salta rescatar a mai. Chaplin aparece entón, salvándoos a todos, incluso ao xigante que acababa de caer por accidente, mais este traizóao e faille caer á auga, debendo ser rescatado na beira polo chofer das donas.
Liña 33:
 
Vístese para baixar e encóntrase nunha cea da alta sociedade, trata de conquistar a Edna. O seu rival, celoso, descobre no diario que é o fuxitivo buscado pola xustiza. Chaplin logra salvarse polo momento debuxándolle barba á foto do [[diario]], mais o xigante, así e todo, chama á policía. Comeza unha persecución na casa, é un caos total: sobe polas escaleiras, baixa saltando do segundo piso, escóndese no [[piano]], disfrázase de [[lámpada]], e cando finalmente se cre a salvo un garda captúrao, mais Chaplin convénceo de que saúde coa man a Edna, e nese momento sóltao e realiza unha fuxida vertixinosa, perseguido sempre pola policía.
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Cine mudo]]