El Correo Gallego: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 43:
'''''El Correo Gallego''''' é un [[xornal]] galego que se edita en [[Santiago de Compostela]]. Fundouno [[José Mariano Abizanda]] na cidade de [[Ferrol]] en 1878.
 
== Historia ==
[[Ficheiro:Edificio Grupo Correo Gallego, Santiago de Compostela.JPG|esquerda|miniatura|Nave do Grupo Correo Gallego no Polígono Industrial Costavella de Santiago de Compostela.]]
O primeiro número saíu o [[1 de agosto]] de [[1878]]. O seu primeiro director foi [[Victorino Novo García]]. Dende [[1912]] e durante vinte e seis anos, a familia Barcón xestionou o xornal. Entre os seus directores estiveron [[Manuel Comellas]], [[Fernando Pérez Barreiro]], [[Alfonso de Cal]] (1913-1914), [[Eladio Fernández Diéguez]], [[Roberto Blanco Torres]] (1920-1921), [[Lisardo Barreiro]] e [[Xerardo González Martín]]. En outubro de [[1938]] trasladouse a Santiago e fusionouse con ''[[El Eco de Santiago]]'', pasando a denominarse ''El Correo Gallego y El Eco de Santiago''. En [[1967]], fusionouse con ''[[La Noche]]'' pasando a denominarse ''El Correo Gallego, diario de La Noche'' e converténdose en vespertino. Esta unión só durou ata o 27 de decembro de [[1968]], cando volveu reaparecer '''''El Correo Gallego''''' como diario matutino. O seu actual propietario é [[Feliciano Barrera]].
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://elcorreogallego.es El Correo Gallego]
 
{{Artigos sobre Santiago de Compostela}}
{{Medalla de Ouro de Galicia}}
{{ORDENAR:Correo Gallego}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Xornais de Galicia]]
[[Categoría:Xornais en lingua castelá]]