Agália: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 1:
'''''Agália''''' é unha [[revista]] galega creada en [[1985]], órgano de expresión da [[Associaçom Galega da Língua]].
 
== Historia ==
A revista ''Agália'' apareceu en 1985 cunha periodicidade trimestral, co subtítulo de "Publicaçom Internacional da Associaçom Galega da Língua", como órgano a través do cal informar das actividades da entidade e co obxectivo de contribuír como ferramenta de coexión da súa base asociativa. Pretendía, ademais, servir como espazo para a intervención no ámbito académico galego dunha óptica [[reintegracionismo|reintegracionista]].
 
Liña 8:
En 2011, coincidindo coa aparición do número 100, mudou novamente o subtítulo polo de "Revista de Estudos na Cultura", agora baixo a dirección de [[Roberto Samartim]].
 
== Características ==
''Agália'' recolleu desde o seu nacemento tres orientacións básicas: de tipo asociativo, de tipo literaria (textos de creación en prosa e verso) e de tipo científica. Amais, inclúe noticias das actividades da AGaL relacionadas coa promoción da [[lingua galega]] e do [[reintegracionismo]]. Desde o número 62 inclúe tamén creación artística nos campos da ilustración e a fotografía.
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.agalia.net/ www.agalia.net]
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Revistas galegas]]