Suevia (Buenos Aires): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 4:
'''''Suevia''''', subtitulada ''Revista Gallega Regionalista'', foi unha revista de periodicidade quincenal que se publicou en [[Bos Aires]], dirixida polo pontevedrés [[Joaquín Pesqueira]], máis coñecido polo seu [[pseudónimo]] ''Conde de Cela''.
 
== Primeira época (1913) ==
Na primeira época publicou 9 números, entre [[xaneiro]] de [[1913]]<ref>A revista non indica a data exacta.</ref> e o [[28 de xuño]] do mesmo ano. Entre os colaboradores da revista estiveron [[Alfonso Daniel Rodríguez Castelao|Castelao]], [[Ramón María del Valle-Inclán|Valle Inclán]], [[Manuel Murguía|Murguía]], [[Eduardo Pondal|Pondal]], [[Alfredo Brañas|Brañas]], [[Enrique Labarta Pose|Labarta Pose]] e outros, xunto ó propio ''Conde de Cela''. Tamén cómpre destaca-lo traballo de ilustrador realizado por Lourido, ademais doutros debuxantes (as fotografías son contadísimas).
 
A lingua da revista foi maioritariamente o castelán, reservándose o [[lingua galega|galego]] para os textos poéticos e só, excepcionalmente, algunha prosa. Os contidos consistiron en noticias sobre [[Galicia]] e sobre persoeiros galegos, así como alegacións en prol do movemento [[Rexionalismo galego|rexionalista]] de Brañas e Murguía, con abundantes críticas á situación social do país -causante dunha crecente [[emigración]]-, ó [[caciquismo]] e ós [[foros]].
 
== Segunda época (1916) ==
A revista, coa mesma cabeceira, director -que xa non utiliza o seu pseudónimo- e a maioría dos colaboradores, reapareceu o [[1 de xaneiro|1º de xaneiro]] de [[1916]]. Realmente, en ningún momento fai mención da etapa anterior e a numeración comeza de novo como "''Primer año. Número 1''"; cambia tamén o subtítulo da revista, do que cae o adxectivo "''regionalista''" e agora pasa a ser só "Revista Gallega". En calquera caso, todo parece indicar unha continuidade editorial, se ben agora pesan máis os aspectos artístico e estético.
 
Liña 16:
O uso do galego mantense moi reducido e só como lingua poética ou dos pés dalgúns dos debuxos.
 
== Reedición ==
En [[2007]], o [[CIRP|Centro Ramón Piñeiro]] publicou unha edición [[facsímile|facsimilar]] dos 15 números publicados.
 
== Notas ==
{{listaref|1}}
 
== Véxase tamén ==
=== Bibiografía ===
* [http://www.cirp.es/pls/bdox/inv.pub_detalle2?p_id=242 Edición facsimilar do Centro Ramón Piñeiro]
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Prensa galega da emigración]]