El Agricultor: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
amaño referencia
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 4:
'''''El Agricultor''''' foi unha publicación periódica de ideoloxía [[agrarismo|agrarista]] editada pola "[[Sociedad de Labradores y Agricultores de Riotorto]]" e a "[[Unión Agrícola y Pecuaria de Villaodrid y Villameá]]". Coñeceu dúas épocas. A primeira, como "[[revista]] mensual de agricultura", cun total de 113 entregas, estendeuse de xullo de [[1907]] a decembro de [[1916]]. A segunda, como [[periódico]] quincenal [[agrarismo|agrario]], con novo director e novo formato, reapareceu e desapareceu en 1919. A revista [[en cuarto]] de 16 páxinas cada número converteuse na segunda época nun periódico de [[formato berlinés]] de só 4 páxinas.
 
== Historia e características ==
Entre os fundadores iniciais estaban [[Elías Santomé Santamarina]], [[Saturnino Santomé Santamarina]], [[Manuel María García Castro]], [[Venancio Gavín Gallo]] e [[Adolfo Rivas Bermúdez]]. O director da publicación da primeira época foi Elías Santomé. Na segunda época o director foi [[Francisco García Martínez]].
 
Liña 17:
Unha edición facsimilar da cabeceira riotortense cos números que se conservaron (da primeira época todos menos seis, e da segunda dous dos oito) foi publicada pola [[Sociedade Anónima da Xestión do Plan Xacobeo]] a iniciativa da Asociación [[Arrincadeira]] en maio de [[2007]], en catro volumes, co gallo do centenario da súa aparición. O xornal ''[[El Progreso (xornal)|El Progreso]]'' tamén se sumou á celebración coa publicación dunha escolma de artigos representativos da revista e do periódico que se repartiu coa edición local da [[Mariña de Lugo|Mariña]] o [[Día das Letras Galegas]].
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* {{Cita libro |título= Prensa agraria en Galicia|nome= Miguel|apelidos= Cabo Villaverde|ligazónautor= Miguel Cabo Villaverde|coautores= |ano= 2003|editor= Duen de Bux|localización= Ourense|isbn= 84-932078-3-7|páxinas= 106-108}}
* {{Cita libro |título= “El Agricultor” en Gran Enciclopedia Galega|nome= Perfecto|apelidos= Conde Muruais|ligazónautor= Perfecto Conde Muruais|coautores= |ano= 2003|editor= El Progreso - Diario de Pontevedra|localización= Lugo|isbn= |páxinas= 237-238}}
* {{Cita libro |título= “El Agricultor: agrarismo solidario e rexionalismo lingüístico” en El Agricultor. Edición Facsimilar|nome= Benigno|apelidos= Fernández Salgado|ligazónautor= Benigno Fernández Salgado|coautores= |ano= 2007|editor= Sociedade Anónima Xestión do Plan Xacobeo|localización= Santiago de Compostela|isbn= |páxinas= 7-166}}
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.arrincadeira.eu Web da Asociación A Arrincadeira con Noticias da Presentación do Facsímile de El Agricultor]
 
{{ORDENAR:Agricultor}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Prensa escrita de Galicia]]
[[Categoría:Revistas]]