Mestre Mateu: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 23:
O '''Mestre Mateo''' ([[circa|c.]] 1150 - c. 1200 ou c. 1217) foi un [[Arquitectura|arquitecto]] e [[escultor]] [[Galicia|galego]], artífice do [[Pórtico da Gloria]] da catedral de [[Santiago de Compostela]]. Dise que está autoesculpido no propio pórtico. Tamén é autor do antigo [[Coro pétreo do Mestre Mateo|coro pétreo]] da mesma catedral. Este coro desfíxose, pero agora estase tentando rematar de reconstruír.
 
== Biografía ==
Do seu paso por Compostela fai referencia o ''Tombo I'', folio 67 onde se inclúen as rendas que pagaban certas casas coñecidas como as casas que pertenceran ao Mestre Mateo. O autor [[Antonio López Ferreiro]] sitúa estas casas na zona da [[Rúa da Acibechería (Santiago de Compostela)|Acibechería]] preto do [[Mosteiro de San Martiño Pinario]].
[[Ficheiro:Interior_Catedral_Santiago_de_Compostela.jpg||miniatura|[[Pórtico da Gloria]] na [[catedral de Santiago de Compostela]]]]
Liña 35:
Entre [[1168]] e [[1211]] o mestre e o seu obradoiro levantaron os tres tramos finais das naves maiores da catedral compostelá, os seis derradeiros tramos das tribunas e crearon todo o frontis occidental do edificio: a cripta, o [[Pórtico da Gloria]], a súa tribuna, a fachada -desaparecida- e as dúas torres que a flanqueaban e que, en boa medida, aínda seguen en pé.
 
En [[1200]] Mateo, próximo aos sesenta anos, é posíbel que dirixese as obras do coro pétreo que construíu o seu obradoiro para os cóengos, situándoo na nave central da basílica, compartimentar o seu espazo e conformando un espazo independente, aínda que cunha significación simbólica de carácter apocalíptico que reforzaba a propia mensaxe alegórica do Pórtico da Gloria, en boa medida inspirado pola Apocalipse de [[Xoán o Bautista|San Xoán o Bautista]], irmán de [[Santiago o Maior|Santiago o Maior]].
 
Para lograr o supremo obxectivo de concluír a basílica apostólica de Occidente, o mestre Mateo gozou de abondosos medios humanos e técnicos derivados da rica tradición artística compostelá, procedente en boa medida dos obradoiros catedralicios, activos dende [[1075]] e de gran creatividade nos inicios do século XII. Algúns dos artífices que deron vida ao Pórtico -posibelmente el tamén- serían fillos, netos, bisnetos ou tataranetos dos canteiros e escultores que traballaron ás ordes dos mestres [[Bernaldino o Vello|Bernaldino o Vello]] e [[Mestre Estevo|Estevo]]. Mateo formouse, sen a menor dúbida, en tan fecunda tradición, aínda que soubo transcendela, achegando ao rico matraz compostelán as innovacións e matices que revelan a súa obra e o seu legado.
Liña 44:
A tradición francesa na cultura compostelá foi especialmente fecunda en época de [[Diego Xelmírez|Xelmírez]], influencia que sen dúbida continuaría no ambiente artístico vivido por Mateo na Compostela das décadas de [[1150]]-[[1160]], época na que xerminaría o seu talento e principiaría a súa actividade. A apertura de miras deste artista e a mestizaxe cultural que promove, xunto coa alta calidade dos escultores e canteiros que integran o seu obradoiro, van configurar os sinais de identidade máis característicos do estilo mateán, en concreto da personalidade do Pórtico da Gloria e de toda a arte derivada del. Por outra parte, a variedade estilística da obra mateá é boa proba da vitalidade cultural da cidade de Santiago no século XII, meta da peregrinación occidental.
 
== Galería de imaxes ==
<gallery>
Ficheiro:Apóstoles del Pórtico de la Gloria.jpg|Detalle do Pórtico da Gloria.
</gallery>
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* [[Filgueira Valverde]]. "Datos y conjeturas para la biografía del maestro Mateo" (1948) en ''Historias de Compostela'' (1970), [[Bibliófilos Gallegos]], Biblioteca de Galicia XII.<sup>[http://www.galantiqua.com/piezas/filgueira-valverde-historias-compostela.html]</sup> (reeditado en [[1982]] por [[Edicións Xerais|Xerais]] con ISBN 84-7507-059-0).
* MELLINI, G.L.: ''El Maestro Mateo en Santiago de Compostela''. Granada, Albaicín, 1968.
* OTERO TUÑEZ, R. y IZQUIERDO PERRIN, R.: ''El coro del Maestro Mateo de la catedral de Santiago''. A Coruña, 1990.
* ''Historia del Arte Salvat. Tomo 6: el Prerrománico y el Románico'', Madrid, 2006. ISBN 84-471-0327-7.
 
=== Outros artigos ===
* [[Pórtico da Gloria]].
* [[Coro pétreo do Mestre Mateo]]
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.artehistoria.jcyl.es/v2/personajes/1186.htm ArteHistoria] {{Es}}.
* [http://www.visual-arts-cork.com/sculpture/master-mateo.htm Encyclopedia of Sculpture] {{En}}.
* [http://www.wga.hu/html_m/m/master/mateo/p_gloria.html Web Gallery of Art] {{En}}.
 
{{ORDENAR:Mateo, Mestre}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Escultores de Galicia]]