Gerardo Conde Roa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 14:
'''Gerardo Jesús Conde Roa''', nado o [[28 de setembro]] de [[1959]] en [[Padrón]], é un avogado, empresario e político [[Conservadorismo|conservador]] [[Galicia|galego]] do [[PPdeG]].
 
== Traxectoria ==
Licenciado en [[Dereito]], afiliouse a [[Alianza Popular]] e posteriormente ao [[Partido Popular de Galicia]]. O seu primeiro cargo na política foi o de concelleiro en Santiago, entre [[1983]] e [[1991]]. Foi candidato á alcaldía en [[Eleccións Municipais 1987 en Galicia|1987]], onde foi derrotado, deputado no [[Parlamento de Galicia]] (1985-1997) polo [[Partido Popular]], membro do Consello de Administración de [[RTVE]] e o candidato deste partido á alcaldía de [[Santiago de Compostela]] de novo nas [[Eleccións Municipais 2007 en Galicia|eleccións de 1987]], onde quedou a un concelleiro da maioría absoluta.
 
Liña 21:
O [[10 de xullo]] de [[2008]] gañou o congreso do PP de Santiago cun total de 526 votos sobre 957 totais<ref>[http://www.abcdesevilla.es/hemeroteca/historico-11-07-2008/abc/Galicia/gerardo-conde-roa-se-impone-por-la-minima-y-acalla-a-pillado-y-mouriño_1641995689419.html Gerardo Conde Roa se impone por la mínima y acalla a Pillado y Mouriño.]</ref>, co que encabezou a lista local do Partido Popular ás [[Eleccións Municipais 2011 en Galicia|eleccións municipais de 2011]]. Nos comicios de maio dese ano o seu partido acadou a maioría absoluta na cidade de Compostela, e Conde Roa foi proclamado alcalde.
 
=== Polémicas ===
Durante o ano 2008 estivo involucrado en numerosas polémicas relacionadas co non pagamento de tributos municipais arredor da súa condición de promotor inmobiliario a través de Geslander, sociedade da súa titularidade<ref>[http://www.elcorreogallego.es/index.php?idMenu=3&idNoticia=302835&idEdicion=889 "Geslander II: el embargo continúa"], artigo en ''[[El Correo Gallego]]'' {{es}}.</ref>.
 
O 2 de abril do 2012, o Xulgado de Instrución número 2 de Santiago de Compostela admitiu a trámite unha querela criminal presentada pola fiscalía por un presunto delito contra a [[Facenda Pública]] durante a súa etapa como promotor inmobiliario, segundo a cal o alcalde no tería declarado o [[IVE]] de 61 vivendas a través da súa promotora inmobiliaria, Geslander Proyectos de Edificación S.L., en 2010. Segundo consta no expediente de Facenda, Conde Roa, administrador único de Geslander Proyectos de Edificación S.L., defraudou nesa transacción case 300.000 euros.<ref>[http://ccaa.elpais.com/ccaa/2012/04/03/galicia/1333478950_850726.html "Hacienda denuncia al alcalde de Santiago por no pagar el IVA de 61 vivendas"], artigo en ''[[El País]]'', Consultado o 4 de abril de 2012</ref> Dimitiu do posto de alcalde o 16 de abril<ref>[http://praza.com/politica/657/a-debeda-con-facenda-destitue-a-conde-roa-da-alcaldia-de-santiago/ A débeda con Facenda destitúe a Conde Roa da alcaldía de Santiago], artigo en ''[[Praza pública]]''.</ref>.
 
{{Start box}}
Liña 30:
{{End box}}
 
== Vida persoal ==
Persoa relixiosa, foi membro do grupo [[catolicismo|católico]] [[Opus Dei]]<ref>[http://www.laopinioncoruna.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2008071100_4_205139__Galicia-Conde-candidato-Feijoo-sigue-frente-santiagues Conde Roa, candidato de Feijóo, sigue al frente del PP santiagués.]</ref> Declarou que integraría Compostela unha cidade na chamada ''Rede española de cidades pola vida'', unha rede antiabortista de tradición [[Catolicismo|católica]].<ref>[http://www.xornal.com/artigo/2010/12/14/politica/conde-roa-pono-meu-gran-area-galego-mantena/2010121420490700785.html Entrevista con Conde Roa] en ''Xornal de Galicia'' o 8 de marzo de 2001.</ref>
 
Liña 37:
Casou e divorciouse. Ten cinco fillos da primeira muller e tres dunha segunda parella<ref>[http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2012/04/15/conde-roa-asoma-precipicio/0003_201204G15P6991.htm Conde Roa se asoma al precipicio], ''[[La Voz de Galicia]]'', 15/4/2012.</ref>.
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Eleccións municipais en Santiago de Compostela]]
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.congreso.es/portal/page/portal/Congreso/Congreso/Diputados/BusqForm?_piref73_1333155_73_1333154_1333154.next_page=/wc/fichaDiputado?idDiputado=330&idLegislatura=9 Ficha no congreso dos Deputados]
 
{{ORDENAR:Conde Roa, Gerardo}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Parlamentarios do Parlamento de Galicia polo PPdeG]]
[[Categoría:Deputados do Congreso dos Deputados polo PP]]