Adalberto de Kent: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 8:
[[Ficheiro:England_green_top.svg|dereita|miniatura|O estado da Inglaterra [[Anglosaxóns|anglosaxoa]] cando Etelberto ascendeu ao trono de Kent.]]
 
No século X, os ataques de pobos continentais a Gran Bretaña convertéronse en migración a grande escala. Sábese que os acabados de chegar incluían [[anglos]], [[saxóns]], [[xutos]] e frisios, e tamén hai evidencia doutros grupos. Estes grupos tomaron territorios no leste e no sur de Inglaterra, mais sobre o final do século V, unha vitoria británica na batalla de Monte Badon (Mons Badonicus) parou o avance anglosaxón durante cincuenta anos.<ref name="Blair_IASE_13">Hunter Blair, ''An Introduction'', pp. 13–16.</ref><ref name="Campbell_TAS_23">Campbell et al., ''The Anglo-Saxons'', p. 23.</ref> Con todo, a principios de 550, os británicos comezaron a perder territorios novamente, e en vinte e cinco anos pareceu que o control de case todo o sur de Inglaterra estaba nas mans dos invasores.<ref name="Blair_RBaEE_204">Peter Hunter Blair (''Roman Britain'', p. 204) gives the twenty-five years from 550 to 575 as the dates of the final conquest.</ref>
 
Os anglosaxóns conquistaron Kent probablemente antes da batalla de Mons Badonicus. Existe evidencia tanto documental como arqueolóxica sobre a colonización de xutos vidos do sur da península de [[Xutlandia|Xutlandia.]]<ref name="Yorke_26">Yorke, ''Kings and Kingdoms'', p. 26.</ref> Segundo a lenda, os irmáns Hengist e Horsa chegaron en 449 como mercenarios dun rei británico, Vortigern. Despois dunha rebelión pola paga e a morte de Horsa en batalla, Hengist estableceu o reino de Kent.<ref name="Swanton_12">Swanton, ''Anglo-Saxon Chronicle'', pp. 12–13.</ref> Algúns historiadores hoxe cren que a historia subxacente dunha forza de mercenarios que se rebela sería máis exacta; a maioría hoxe data a fundación do reino de Kent a mediados do século V, máis de acordo coa lenda.<ref>There is disagreement about the extent to which the legend can be treated as fact. </ref> Esta data temperá, só unhas cantas décadas após a partida dos romanos, tamén suxire que a civilización romana podería perdurar nun goberno anglosaxón en Kent máis que noutras áreas.<ref name="Campbell_TAS_38">Campbell et al., ''The Anglo-Saxons'', p. 38.</ref>
Liña 29:
A gran duración do reinado de Etelberto tamén foi vista con escepticismo polos historiadores; suxeriuse que morreu cando tiña cincuenta e seis anos de idade, e non cincuenta e seis anos de reinado. Isto sinalaría o ano do seu nacemento arredor de 560, e entón non poderíase casar ata mediados da década de 570. Segundo Gregorio de Tours, Cariberto era rei cando casou con Ingoberg, a nai de Berta, o cal indica que o matrimonio no puido ser antes de 561. Polo tanto é improbable que Berta casara moito antes de 580. Estas datas máis tardías para Berta e Etelberto tamén solucionan outro posible problema: parece que a filla de Etelberto, Æthelburh, sería filla de Berta, pero as datas máis antigas farían a Berta duns sesenta anos cando Æthelburh, de acordo coas datas probables, naceu.<ref name="Kirby_31">Kirby (''Earliest English Kings'', pp. 31–3) provides an extended discussion of the difficult chronology of Æthelberht’s reign.</ref>
 
Gregorio, porén, tamén di crer que Ingoberg tiña setenta anos en 589; e isto faríaa ter uns corenta cando casou con Cariberto. Isto é posible, mais parece improbable, especialmente porque parece que Cariberto tiña certa preferencia por mulleres máis novas, sempre segundo o relato de Gregorio. Isto implicaría unha data de nacemento máis temperá para Berta. Doutra banda, Gregorio refírese ao Etelberto da época do seu matrimonio con Berta simplemente como "un home de Kent", e na pasaxe 589 respecto a morte de Ingoberg, o cal foi escrito entre 590 e 591, refírese a Etelberto como "o fillo do rei de Kent". Se isto non reflicta só a ignorancia de Gregorio sobre os asuntos de Kent, o cal parece improbable dado os lazos próximos entre Kent e o francos, entón o reinado de Etelberto, como afirman algúns, non podería comezar antes de 589.<ref name="Kirby_31">Kirby (''Earliest English Kings'', pp. 31–3) provides an extended discussion of the difficult chronology of Æthelberht’s reign.</ref><ref name="GTours">IV 25 and IX 25 in <cite class="citation book" contenteditable="false">Gregory of Tours (1974). </cite></ref>
 
Mentres todas as devanditas contradicións non se poidan reconciliar, a datas mais probables que se poden esbozar a partir das que se dispón, sinalan o ano do nacemento de Etelberto arredor de 560 e, quizais, para o seu matrimonio con Berta, 580. O máis probable é que o seu reinado comezara en 589 ou 590.<ref name="Kirby_31">Kirby (''Earliest English Kings'', pp. 31–3) provides an extended discussion of the difficult chronology of Æthelberht’s reign.</ref>
 
== O reinado conxunto ==
A historia posterior de Kent mostra evidencia clara dun sistema de reis conxuntos, co reino dividido nun Kent oriental e un Kent occidental, aínda que parece que xeralmente había un rei dominante. Esta evidencia é menos aclara respecto ao período anterior, mais hai estatutos antigos, que se saben falsificados, os cales, con todo, suxiren que Etelberto gobernou como rei conxunto co seu fillo, Eadbald. Pode ser que Etelberto fora rei de Kent oriental e Eadbald convertérase en rei de Kent occidental; na historia posterior de Kent, o rei oriental parece ser xeralmente o gobernante dominante. Xa fose que Eadbald se convertera ou non nun rei conxunto, non hai dúbida de que Etelberto tivo autoridade sobre todo o reino.<ref name="Yorke_3234">Yorke, ''Kings and Kingdoms'', pp. 32–34.</ref>
 
O máis probable é que a división en dous reinos date do século VI; o Kent oriental podería conquistar o occidental e preservar as institucións do reino como un sub-reino. Isto era un patrón común na Inglaterra anglosaxoa, cando os reinos máis poderosos absorbían os seus veciños máis débiles. Unha característica inusual do sistema de Kent era que só os fillos de reis parecerían ser aspirantes lexítimos ao trono, a pesar de que isto non eliminou todas as contendas sobre a sucesión.<ref name="Yorke_3234">Yorke, ''Kings and Kingdoms'', pp. 32–34.</ref>
Liña 42:
== Relacións cos francos ==
[[Ficheiro:Aethelberht_of_Kent_sculpture_on_Canterbury_Cathedral.jpg|right|thumb|Escultura do rei Etelberto, rei anglosaxón e santo, na Catedral de Canterbury, Inglaterra.]]
Hai moitas probas de relacións estreitas entre Kent e os francos. O matrimonio de Etelberto e Berta certamente vinculou as dúas cortes, aínda que non como iguais: os francos considerarían a Etelberto un rei menor. Non hai ningún rexistro de que Etelberto aceptara xamais a un rei continental como o seu soberano e, polo tanto, os historiadores están divididos sobre a natureza certa da relación. As probas dunha soberanía explícita dos francos sobre Kent vén dunha carta escrita polo Papa Gregorio o Grande a [[Teodorico II, rei franco|Teoderico]], rei de [[Orléans]], e [[Teodeberto II|Teudeberto]], rei de [[Metz]]. A carta trata a misión de Agostiño en Kent de 597, e nela Gregorio di crer "que vos desexades que os vosos súbditos en cada aspecto se convertan a aquela fe na que vos, os seus reis e señores, vos sostedes". Pode ser que isto, máis que unha descrición da relación entre os reinos, fora un cumprimento papal. Tamén suxeríuse que Liudhard, o capelán de Berta, fora considerado un representante da igrexa franca en Kent, o que tamén se pode interpretar como proba de soberanía..<ref name="Stenton_59">Stenton, ''Anglo-Saxon England'', pp. 59–60.</ref><ref name="Kirby_34">Kirby, ''Earliest English Kings'', pp. 34–35.</ref>
 
Unha posible razón para que os francos se quixesen vincular coa corte de Kent é o rexistro de que un rei franco, [[Khilperico I]] a mediados do século VI conquistara un pobo coñecido como "eutións". Se, como parece probable polo nome, este pobo sería o remanente continental dos xutos que invadiran Kent, entón quizais o matrimonio fora un intento de unificación política para volver a vincular diferentes ramas do mesmo pobo.<ref name="Stenton_59">Stenton, ''Anglo-Saxon England'', pp. 59–60.</ref> Outra perspectiva sobre o matrimonio obtense se se considera que probablemente Etelberto aínda non fora un soberano cando casou con Berta: quizais o apoio dos francos, conseguido a través do matrimonio, era funcional para que el accendese o trono.<ref name="Kirby_34">Kirby, ''Earliest English Kings'', pp. 34–35.</ref>
 
Independentemente da relación política entre Etelberto e os francos, hai probas abundantes de fortes conexións entre as dúas beiras do Canal da Mancha. Había un comercio suntuario entre Kent e os francos, e os artefactos funerarios achados inclúen roupa, bebida e armas que reflicten a influencia cultural franca. Os enterramentos de Kent teñen unha variedade máis grande de bens importados que aqueles das rexións anglosaxoas veciñas. Isto non sorprende dado o maior acceso ao comercio. Ademais, os obxectos das tumbas son tanto máis ricos como numeroso nas de Kent que nas das rexións anglosaxoas, o cal implica que a riqueza material exhibida en Kent se derivaba de aquel comercio.<ref name="Yorke_26">Yorke, ''Kings and Kingdoms'', p. 26.</ref> A influencia dos francos tamén pódese detectar na organización social e agraria de Kent.<ref name="Stenton_59">Stenton, ''Anglo-Saxon England'', pp. 59–60.</ref> Nos enterramentos tamén podénse ver outras influencias culturais, así que non é necesario supor que houbera un asentamento directo de francos en Kent.<ref name="Yorke_26">Yorke, ''Kings and Kingdoms'', p. 26.</ref>
 
== A conquista do poder ==
Liña 72:
Non se sabe cando Etelberto se fixo cristián. É posible, a pesar do relato de Beda, que xa fora cristián antes da chegada da misión de Agostiño. É probablemente que Liudhard e Bertha o impulsaran a considerar a súa conversiñon antes da chegada da misión, e tamén é probable que unha condición para que Berta casara con Etelberto fora que el considerase a conversión. A conversión por influencia da corte franca sería vista como un recoñecemento explícito ao señorío franco, con todo, tamén é posible que Etelberto demorase a súa conversión ata que se cumprise por influencia romana, para afirmar a súa independencia do control franco.<ref name="Yorke_2829">Yorke, ''Kings and Kingdoms'', pp. 28–29.</ref> Tamén sostívose que a vacilación de Agostiño —volveu a Roma pedindo ser desafectado da misión— sexa indicio de que Etelberto era pagán cando foi enviado alí.<ref name="Kirby_35">Kirby, ''Earliest English Kings'', p. 35.</ref>
 
O máis tardar, a conversión de Etelberto ocorrería antes de 601, xa que aquel ano Gregorio lle escribiu como rei cristián.<ref name="Kirby_37">Kirby, ''Earliest English Kings'', p. 37.</ref> Unha antiga tradición di que Etelberto se converteu o 1 de xuño, no verán do ano que Agostiño chegou. Etelberto logo prestou apoio reconstruíndo para Agostiño unha igrexa romana en Canterbury, a cal pronto sería a catedral, e fundando a igrexa de San Pedro e San Paulo ao leste dos muros da cidade para que alí fose sepultada a realeza de Kent, igrexa que máis tarde sería a Abadía de San Agostiño (St. Augustin's Abbey).<ref name="Blair_IASE_117">Hunter Blair, ''An Introduction'', p. 117.</ref>
 
Por influencia de Etelberto, Sæberht, rei de Essex, tamén converteuse, mais había límites á efectividade da misión.<ref name="Stenton_109">Stenton, ''Anglo-Saxon England'', p. 109.</ref> Non toda a corte de Kent se fixo cristiá: Eadbald, o fillo e herdeiro de Etelberto, era pagán cando ascendeu ao trono.<ref name="Kirby_36">Kirby, ''Earliest English Kings'', p. 36.</ref> Rædwald, rei de Anglia Oriental, converteuse só en parte (aparentemente mentres estivo na corte de Etelberto) e conservou un santuario pagán xunto ao novo altar cristián.<ref name="Bede_112">Bede, ''Ecclesiastical History'', Book II, Ch. 5, from Sherley-Price's translation, p. 112.</ref><ref name="Kirby_36">Kirby, ''Earliest English Kings'', p. 36.</ref> Agostiño tamén fracasou en gañar como aliado ao clero británico.<ref name="Stenton_110">Stenton, ''Anglo-Saxon England'', p. 110.</ref>
 
== Código legal ==
[[Ficheiro:Textus_Roffensis_ms.png|right|thumb|299x299px|A primeira páxina do manuscrito do século XII do código legal de Etelberto]]
Algún tempo após a chegada da misión de Agostiño, quizais en 602 ou 603, Etelberto emitiu un conxunto de leis, en noventa seccións.<ref name="Blackwell_13_Kelly">"Æthelberht", S.E. Kelly, in Lapidge, ''Encyclopaedia of Anglo-Saxon England''.</ref><ref name="Geary_209">Geary, ''Readings'', pp. 209–211.</ref> Estas leis consideranse o código preservado máis antigo composto nun país xermánico, e case con certeza foi un dos primeiros documentos redactados en [[Inglés antigo|anglosaxón]], cando a alfabetización chegaría a Inglaterra coa misión de Agostiño.<ref name="Stenton_59">Stenton, ''Anglo-Saxon England'', pp. 59–60.</ref><ref name="Yorke_1">Yorke, ''Kings and Kingdoms'', p. 1.</ref> O único manuscrito antigo que queda, o ''Textus Roffensis'', data do século XII, e agora está no Medway Studies Centre, en Strood, Kent. O código de Etelberto fa referencia á igrexa por primeira vez cando enumera a compensación requirida para a propiedade dun bispo, un diácono, un crego, etc.; mais en xeral, as leis notablemente non parecen influenciadas polos principios cristiáns.<ref name="ASE23"><cite class="citation journal" contenteditable="false">Hough, Carole A. (1994). </cite></ref><ref name="Geary_209">Geary, ''Readings'', pp. 209–211.</ref> Beda afirmou que foron compostas "segundo o xeito romano", mais tampouco hai moita influencia romana discernible. Nalgúns asuntos, as leis foron comparadas á [[Lei sálica]] dos francos, mais non se cre que Etelberto baseara o seu novo código en ningún modelo específico anterior.<ref name="Stenton_59">Stenton, ''Anglo-Saxon England'', pp. 59–60.</ref><ref name="Blackwell_13_Kelly">"Æthelberht", S.E. Kelly, in Lapidge, ''Encyclopaedia of Anglo-Saxon England''.</ref>
 
As leis ocúpanse de aplicar e reforzar penas para transgresións en todos os niveis da sociedade; a severidade da multa dependía do rango social da vítima, e os delitos contra a igrexa eran os máis penalizados, incluso máis que aqueles contra o rei.<ref>''The Beginnings of English Law'', Lisi Oliver</ref> Na execución das penas o rei tiña un interese financeiro, pois en moitos casos parte das multas viría a el, pero o rei tamén era responsable da lei e a orde, e evitar disputas de sangue aplicando regras de compensación ante danos, foi unha maneira de que o rei mantivese o control. As leis de Etelberto son mencionadas por [[Alfredo o Grande]], quen compilou as súas propias leis, usando os códigos previos que creou Etelberto, así como os de Offa de Mercia e Ine de Wessex.<ref name="Yorke_18">Yorke, ''Kings and Kingdoms'', p. 18.</ref><ref name="Stenton_276">Stenton, ''Anglo-Saxon England'', p. 276.</ref>
 
Unha das leis de Etelberto parece preservar rastros dun costume moi vello: o terceiro ítem do código expón que "Se o rei está a beber na casa dun home, e alguén cometer calquera feito máo alí, deberá pagar dobre compensación."<ref name="Geary_209">Geary, ''Readings'', pp. 209–211.</ref> Isto probablemente refire ao antigo costume de que o rei viaxase polo país, sendo aloxado e provisto de sustento alí onde chegaba. Os servos do rei mantiveron estes dereitos por séculos após a morte de Etelberto.<ref name="Stenton_288">Stenton, ''Anglo-Saxon England'', pp. 288–289.</ref>
 
Os ítem desde o 77 ao 81 do código foron interpretados como a descrición dos dereitos financeiros dunha muller após un divorcio ou separación legal. Estas cláusulas definen canto dos bens da casa unha muller podería manter en diferentes circunstancias, dependendo de se mantiña a custodia dos fillos, por exemplo. Porén, unha fonte recentemente suxeriu que sería máis correcto interpretar estas cláusulas en referencia coas mulleres que enviuvaban, máis que coas divorciadas.<ref name="ASE23"><cite class="citation journal" contenteditable="false">Hough, Carole A. (1994). </cite></ref>
Liña 88:
== Comercio e moeda ==
[[Ficheiro:Eadbaldobv.1.jpg|thumb|200x200px|Un ''thrymsa'' do reinado de Eadbald, o fillo de Etelberto, ningunha das moedas coñecidas levan o nome de Etelberto, a pesar de que serían cuñadas durante o seu reinado]]
Hai pouca evidencia documental sobre a natureza do comercio no Kent de Etelberto. É sabido que a finais do século VII os reis de Kent establecían control real do comercio, mais non can cedo comezou este control. Hai evidencia arqueolóxica que suxire que a influencia real precede a calquera fonte escrita. Suxeríuse que un dos logros de Etelberto foi quitar o control do comercio á aristocracia para convertelo nun monopolio real. O comercio continental proporcionou a Kent acceso a bens de luxo que déronlle unha vantaxe ao comerciar coas outras nacións anglosaxoas, e os ingresos do comercio foron importantes en si mesmos.<ref name="Yorke_40">Yorke, ''Kings and Kingdoms'', p. 40.</ref>
 
As manufacturas de Kent anteriores ao ano 600 incluían recipientes e xoias. Os xoieiros de Kent eran moi cualificados, e antes do final do século VI tiveron acceso ao ouro. Atópanse bens oriúndos de Kent en cemiterios da outra beira do Canal e tan lonxe como na embocadura do [[Río Loira (Francia)|Loira]]. Non se sabe o que Kent obtiña a cambio destes bens, pero parece probable que houbera un florecente comercio de escravos. E moi posible que esta riqueza fora o fundamento do poder de Etelberto, aínda que a súa autoridade e os consecuentes dereitos de reclamar tributos, a súa vez traerían riquezas.<ref name="Campbell_TAS_44">Campbell et al., ''The Anglo-Saxons'', p. 44.</ref>
Liña 111:
{{Reflist|colwidth = 30em}}
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
; Fontes primarias
* {{Modelo:Cita libro|last = Bede|authorlink = Bede|title = [[Historia ecclesiastica gentis Anglorum|Ecclesiastical History of the English People]]|others = Translated by Leo Sherley-Price, revised R.E. Latham, ed. D.H. Farmer|location = London|publisher = Penguin|year = 1991|isbn = 0-14-044565-X}} {{Modelo:Cita libro|last = Bede|authorlink = Bede|title = [[Historia ecclesiastica gentis Anglorum|Ecclesiastical History of the English People]]|others = Translated by Leo Sherley-Price, revised R.E. Latham, ed. D.H. Farmer|location = London|publisher = Penguin|year = 1991|isbn = 0-14-044565-X}}
* {{Modelo:Cita libro|last = Swanton|first = Michael|title = The Anglo-Saxon Chronicle|year = 1996|location = New York|publisher = Routledge|isbn = 0-415-92129-5}} {{Modelo:Cita libro|last = Swanton|first = Michael|title = The Anglo-Saxon Chronicle|year = 1996|location = New York|publisher = Routledge|isbn = 0-415-92129-5}}
* Lei-código de Æthelberht, ed. E tr. F. Liebermann, ''Morre Gesetze der Angelsachsen.'' 3 vols. Halle, 1898–1916: 3–8 (vol 1); ed. E tr. L. Oliver, ''Os Comezos de Lei inglesa.'' Toronto Traducións e Textos Medievais. Toronto, 2002.
* Letras de [[Gregorio I, papa|Gregory o Grande]], ed. D. Norberg, ''S. Gregorii magni registrum epistularum.'' 2 vols. Turnhout, 1982; tr. J.R.C. Martyn, ''As letras de Gregory o Grande.'' 3 vols. Toronto, 2004.
* Máis temperán ''vita'' de [[Gregorio I, papa|Gregory o Grande]], ed. E tr. Bertram Colgrave, ''A vida máis temperá de Gregory o Grande por un monxe anónimo de Whitby.'' Lawrence, 1968.
Liña 131:
* {{Modelo:Cita libro|last = Yorke|first = Barbara|title = Kings and Kingdoms of Early Anglo-Saxon England|year = 1990|location = London|publisher = Seaby|isbn = 1-85264-027-8}} {{Modelo:Cita libro|last = Yorke|first = Barbara|title = Kings and Kingdoms of Early Anglo-Saxon England|year = 1990|location = London|publisher = Seaby|isbn = 1-85264-027-8}}
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.fordham.edu/halsall/source/560-975dooms.html#The%20Laws%20of%20%C6thelberht As Leis de Æthelberht, en Medieval Sourcebook]
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Finados en 616]]