Cataratas do Niágara: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 34:
[[Ficheiro:Niagara movement meeting in Fort Erie, Canada, 1905.jpg|miniatura|250px|dereita|O [[NAACP|Movemento do Niágara]], unha organización non gobernamental, fixo o seu primeiro encontro á beira das cataratas do Niágara, en [[1905]].]]
 
Non se sabe de certo quen foi o primeiro explorador [[Europa|europeo]] que viu as cataratas e documentara o seu testemuño sobre o Niágara. Moitos consideran que foi o francés [[Samuel de Champlain]] en [[1604]]. Foron algúns membros do equipo de Champlain os que descubriron as cataratas, nun día de inverno, onde a parte exterior das caídas de auga fican conxeladas. Eles ouviron o estrondo das caídas e comunicaron a Champlain os seus descubrimentos. Champlain de feito anotou nos seus diarios a visión das cataratas, mais algúns consideran que Champlain nunca as visitou. Outros, polo contrario, cren que foi o naturalista [[Suecia|sueco]] [[Pehr Kalm]] o primeiro, pois segundo eles a primeira descrición das cataratas do Niágara fíxoa el nunha expedición á área no comezo do [[século XVIII]]. A maioría dos historiadores, porén, consideran que foi o Padre [[Louis Hennepin]] o primeiro que viu e describiu as cataratas, en [[1677]], cando exploraba a rexión xuntamente co compatriota [[René Robert Cavelier de La Salle]], o que os fixo mundialmente famosos. Hennepin tamén foi o primeiro europeo que viu e describiu as [[cataratas de Saint Anthony]], en [[Minnesota]].
 
Durante o [[século XIX]], as cataratas do Niágara tornáronse unha [[turismo|atracción turística]] bastante popular, e o turismo pasou a ser a principal fonte de renda a mediados do mesmo século. En canto isto, a demanda de pasaxe sobre o Río Niágara -que serve de fronteira entre Canadá, localizado ao oeste do río, e os Estados Unidos, localizados ao leste- creceu. En [[1848]] construíuse unha [[ponte]] de [[madeira]], nomeada ''Niagara Suspension Bridge''. En [[1855]], unha ponte maior, tamén feita de madeira e nomeada ''Niagara Falls Suspension Bridge'', substituíu aquela. En [[1886]] construíuse unha ponte en arco, substituíndo a anterior. Esta ponte realizouse principalmente con [[aceiro]] e aínda se emprega hoxe como unha ponte ferroviaria. En [[1897]] inaugurouse a primeira ponte construída totalmente con aceiro, a ''[[Ponte Whirpool Rapids]]''. Esta tamén era unha ponte en arco, construída a aproximadamente 15 quilómetros so norte das cataratas. Estase empregando na actualidade, transportando coches, ómnibus, camións, trens e peóns. En [[1941]], a ''Niagara Falls Bridge Commission'' inaugurou unha terceira ponte, inmediatamente ao sur das Cataratas, nomeada ''[[Ponte Rainbow]]'', que permite só o transporte de peóns e vehículos.
Liña 105:
* [http://www.niagaraparks.com/webcam/webcam.php] Webcam das Cataratas do Niágara - ofrece vistas múltiplas das cataratas do Niágara
* [http://www.sonbaski.com/yenisite/sayi10niagara.htm Niagara Photos]
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Xeografía dos Estados Unidos de América]]