Henge: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Engadín data e referencia
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
ortografía
Liña 9:
*'''Super henge''' ou recinto-henge (''henge enclosure'' en inglés) presentan mostras de ocupación e adoitan ter máis de 300 m de diámetro.
 
Os henges son estruturas propias das illas británicas. Porén, en [[Roda, San Pedro de Benquerencia, Barreiros|Roda]] ([[Barreiros]]) localizouse en 2006 un círculo lítico duns 50 metros de diámetro durante a construción da [[Autovía do Cantábrico]], os restos dunha construción henge dunhosduns 3700 anos de antiguidadeantigüidade<ref>[http://www.lavozdegalicia.es/noticia/amarina/barreiros/2016/01/22/carbono-14-revela-roda-stonehenge-gallego-construyo-3700-anos/0003_201601X22C6991.htm], artigo de José Alonso en ''La Voz de Galicia'', 22 de xaneiro de 2016 {{es}}. </ref><ref>[http://www.lavozdegalicia.es/noticia/amarina/barreiros/2015/07/31/roda-stonehenge-gallego/0003_201507G31P39991.htm "A Roda, el Stonehenge gallego"], artigo de José Alonso en ''La Voz de Galicia'', 1 de agosto de 2015 {{es}}.</ref>. Esta construción consta dun foxo exterior de entre tres e catro metros de diámetro e un metro de profundidade. O círculo está formado por dous muros, entre os cales se depositou terra do foxo, formando así o [[parapeto]]. Tería no punto máis alto probablemente os tres metros. Consérvase a zona de entrada, de entre metro e medio e dous metros, orientada ao noroeste. Xunto á entrada hai unha pedra que podería ser un dos menhires que delimitaban o acceso. Outro henge podería estar en [[Coeses, Lugo|Coeses]] (Lugo), aínda sen estudar.
 
==Notas==