Diferenzas entre revisións de «Grindhouse»

elenco
(elenco)
| imdb_id = 0462322
}}
'''''Grindhouse''''' é un filme de acción e terror que foi estreado en dúas partes no [[2007]]. Foi co-escrito, producido e dirixido por [[Robert Rodriguez]] e [[Quentin Tarantino]]. A dobre estrea débese ós dous segmentos nos que se compón, o ''[[Planet Terror]]'' de Rodriguez e o ''[[Death Proof]]'' de Tarantino. Os segmentos están divididos por trailers ficticios de atraccións e por anuncios. O repartoelenco conxunto do filme inclúe a [[Rose McGowan]], [[Freddy Rodriguez]], [[Michael Biehn]], [[Jeff Fahey]], [[Josh Brolin]], [[Marley Shelton]], [[Naveen Andrews]], [[Fergie]], [[Bruce Willis]], [[Kurt Russell]], [[Rosario Dawson]], [[Tracie Thoms]], [[Mary Elizabeth Winstead]] e [[Zoë Bell]].
 
== ''Planet Terror'' ==
Nun pobo rural de [[Texas]], a bailarina de striptease Cherry Darling decide abandonar o seu traballo e atopar outro no que poida usar os seus numerosos "talentos inútiles". Encóntrase co seu misterioso ex-mozo El Wray no Bone Shack, o restaurante propiedade de J.T. Hague. Mentres tanto, un grupo de militares, liderados polo demente Tenente Muldoon, fan negocios cun científico chamado Abby para adquirir cantidades industriais do axente bioquímico mortal coñecido como DC2. Muldoon descobre que Abby tiña máis DC2 do que dicía e ameázao con quitarllo. Abby libera intencionalmente o gas polo aire. O gas chega ó pobo e volve ós habitantes en criaturas grotescas e devoradores de homes, chamadas "sickos" polos humanos superviventes. Os veciños afectados son tratados polo sinistro Doutor William Block e a súa maltratada muller e anestesista Dakota. Como os pacientes se volven axiña violentos, Cherry e El Wray lideran un equipo de guerreiros improvisados para atopar un lugar seguro.
 
;Elenco
;Reparto
* [[Rose McGowan]] como Cherry Darling
* [[Freddy Rodriguez]] como El Wray