Igrexa de San Miguel de Eiré: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Victortpr (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Victortpr (conversa | contribucións)
Liña 27:
 
=== Exterior ===
A fachada oeste,<ref>Aínda que a orientación da igrexa se desvía case 45º da canónica, consérvase a denominación que lle correspondería se a implantación fose canónica.</ref> en teoría a principal, presenta unha sinxela porta de [[arco de medio punto]] só ornamentada ao interior. A metade de altura, unha segunda porta posibelmente comunicaría o coro alto coas dependencias monasteriais, hoxe desaparecidas. Sobre esta segunda porta ábrese unha xanela con arco de medio punto sobre columnas acodilladas e capiteis de ornamentación vexetal, está arrodeada por unha moldura exterior ornamentada con billetes. O testeiro remata seguindo a pendente dos faldróns da cuberta, que supera en altura e que voa lateralmente ao xeito de ménsulas sobre bólas.
 
A fachada norte presenta unha interesante portada, que só se pode apreciar unha vez superado o muro que arrodea esta parte da igrexa, en que a entrada presenta un gran lintel, probabelmente procedente dun sartego cunha espada esculpida. A portada está formada por un único arco de medio punto sobre columnas acodilladas nas [[Xamba|xambas]]. O arco está formado por unha arquivolta de sección tórica cunha moldura convexa en espiral que alberga pequenas boliñas ao xeito de perlas. Esta nace de dous capiteis con elegante ornamentación vexetal de tres amplas follas, mais cunha estraña particularidade: posto que no da esquerda unha das follas alberga unha cabeza humana investida. Dúas roscas exteriores, ao xeito dunha nova arquivolta, arrodean ao arco, a externa adornadaornamentada con billetes e a interior formada por doce grandes doelas, once delas ornamentadas con rosetas inscritas en círculos, todas elas diferentes, e unha ao xeito de clave desviada cara á dereita co ''[[Agnus Dei]]'', ou Divino Cordeiro coa cruz sobre o lombo. O lintel está ornamentado con círculos e semicírculos entrelazados e apóiase sobre dúas mochetas en ménsula cos símbolos dos evanxelistas.
 
A [[ábsida]] está dividida ao exterior en cinco tramos por catro semicolumnas acaroadas sobre altas bases. SalientasSalientan os traballados capiteis de ornamentación vexetal e nun deles, o situado ao sueste, as follas rematan con cabezas humanas; todas, bardante unha, están xa moi erosionadas. No centro da parte semicircular da ábsida ábrese unha traballada fiestra en arco de medio punto, sobre robustas columniñas pequenas acodilladas, con sólidos capiteis de traballadas figuras de animais, que poderían ser leóns. Arrodea a xanela unha rosca ou arquivolta semicircular ornamentada cun axadrezado de billetes, arrodeado á súa vez por unha moldura con pequenos círculos.
 
Se ben estes capiteis destacan polo seu contido escultural, non quedan atrás os grandes [[Canzorro|canzorros]] que sosteñen o beirado da ábsida, con variadas figuras, entre as que destacan as humanas e as animais. De esquerda a dereita, os dezasete canzorros representan sucesivamente unha piña, un cuadrúpede, un cilindro, unha bóla, tres bólas superpostas, unha especie de simio, tres rolos cilíndricos, a cabeza dun becerro con fociño de porco, unha parella apertada espida, unha bóla con asas, un cuadrúpede, outro cuadrúpede, unha figura humana, un animal, cinco piñas, unha bóla ou cabeza e mais un animal.
 
Porén, a descrición anterior das catro facadas do edificio obvia o elemento fundamental que aparece en todas elas e que lle confire o seu carácter especial a esta singular obra de arquitectura: a torre. Nos seus muros leste e oeste ábrense, nos saíntes dos muros que os enmarcan, dúas amplas xanelas xeminadas con arcos de medio punto, apoiadas en columnas acodilladas nas xambas laterais e nunha semicolumna de maior diámetro no centro. Os arcos, formados por unha moldura tórica e unha escocia, están envoltos por roscas axadrezadas semicirculares. Os capiteis son de ornamentación vexetal, agás o correspondente ao lado esquerdo da fachada leste, que leva esculpidos dous cuadrúpedes en ángulo recto.
 
Os muros norte e sur da torre levan unha única xanela, tamén de medio punto, moito máis sinxela. Todas as fiestras da torre que se sosteñen por unha moldura corrida, ornamentada con billetes, que percorre perimetralmente a torre por riba da [[cornixa]]. Esta sostense á súa vez por canzorros e percorre as fachadas laterais da nave e da torre polo seu lado leste. As esquinas, á altura dos capiteis das xanelas, ofrecen un detalle singular: acodilláronse e dispuxéronse as bases áticas para unhas columnas que non chegaron, aparentemente, a se colocar e que poderían indicar a intención de aumentar no futuro a altura da torre. En todo caso, o efecto final conseguido foi alixeirar visualmente o peso desta e aumentar o seu carácter escultórico.
 
==Galería de imaxes==