Sint Maarten: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Bermudas
Liña 70:
En 1493, durante a [[Viaxes de Cristóbal Colón | segunda viaxe]] de [[Cristovo Colón]] ás [[Antillas]], á primeira illa que avistaron chamárona ''Isla de San Martín'' porque era o 11 de novembro día de San [[Martiño de Tours]]. Con todo, malia que reclamouna como territorio [[España | Español]], Colón nunca chegou alí, e España fixo do asentamento na illa unha prioridade secundaria.
 
Doutra banda [[Francia | franceses]] e [[Holanda (rexión)| holandeses]], cobizaban a illa. Mentres que os franceses querían colonizar as illas entre [[Illa Trinidad|Trinidad]] e as [[BermudaBermudas]], os holandeses atoparon en 'San Martiño' un punto medio conveniente entre as súas colonias en [[Nova Ámsterdan]] (actual [[Nova York]]) e [[Brasil]]. Con poucas persoas colonizaron a illa, e os holandeses facilmente fundaron un asentamento alí en 1631, construíndo Fort Amsterdam como protección contra os invasores. Jan Claeszen Van Campen converteuse no seu primeiro [[Lista de gobernadores Sint Maarten | gobernador]], e pouco despois a [[Compañía Holandesa das Indias Orientais]] comezou as súas operacións nas minas de sal. Asentamentos franceses e [[Reino Unido | británicos]] xurdiron tamén na illa. Tomando nota destas exitosas colonias e con ganas de manter o seu control do comercio do sal, os españois atoparon agora a San Martiño moito máis atractivo. A [[Guerra dos oitenta anos]] que librabase entre España e os Países Baixos proporcionou un incentivo máis para atacar.
 
As forzas españolas [[Captura de San Martín | capturaron San Martiño aos holandeses]] en 1633, tomando o control e o mando da maioría ou a totalidade dos colonos da illa. En Point Blanche, construíron o que hoxe é o ''Antigo Forte Español'' para controlar o territorio. Aínda que os holandeses tomaron represalias en [[Ataque a Sint Maarten| varios intentos de recuperar]] San Martiño, fracasaron. Quince anos despois de que os españois conquistaran a illa, terminou a Guerra dos Oitenta Anos. Posto que xa non necesitaban unha base no Caribe e San Martiño apenas daba beneficios, o españois perderon o seu interese en defendela. En 1648, abandonaron a illa.