Diferenzas entre revisións de «Pac-Man»

m
Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m (Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética)
Cando ''Pac-Man'' foi posto á venda, a meirande parte dos videoxogos arcade eran principalmente de disparos no [[espazo]] como o ''[[Space Invaders]]'', o ''[[Defender]]'' ou o ''[[Asteroids]]''. A minoría máis visible era o formado polos xogos sobre [[deporte]]s, que eran derivados en gran parte do ''[[Pong]]''. ''Pac-Man'' tivo éxito ao crear un novo xénero, apelando á vez a ambos os xéneros<ref name="classicgaming">{{Cita web|url=http://classicgaming.gamespy.com/View.php?view=Articles.Detail&id=249|título="Pac-Man: The Phenomenon: Part 1"|autor=Goldberg, Marty|editor=Classicgaming.com|data=31-01-2002|dataacceso=31-07-2006}}</ref>. A miúdo dise a prol de ''Pac-Man'' que é un punto de referencia na historia dos videoxogos, estando entre os xogos arcade máis famosos de todos os tempos<ref name="1up">{{Cita web|url=http://www.1up.com/do/feature?cId=3122102|título="The Essential 50: Part 10 - Pac Man"|autor=Parish, Jeremy|ano=2004|editor=[[1UP.com]]|dataacceso=31-07-2006}}</ref>. O personaxe tamén aparece en máis de 30 xogos derivados deste licenciados oficialmente<ref>{{Cita web|url=http://web.archive.org/web/19980121102807/http://www.gamecenter.com/Features/Exclusives/Pacman/|título=The Legacy of Pac-Man}}</ref>, así coma en numerosos clons non autorizados e [[Piratería (dereito de autor)|copias pirata]]<ref>{{Cita web|url=http://users.adelphia.net/~68hc11/bootpac/bootpac.htm|título=Pac Man Bootleg Board Information}}</ref>. Segundo o Davie-Brown Index, Pac-Man é o personaxe de videoxogo do que os consumidores norteamericanos teñen maior coñecemento, recoñecido polo 94 por cento deles<ref>[http://sev.prnewswire.com/entertainment/20080515/LATH11015052008-1.html Davie Brown Entertainment :: Davie Brown Celebrity Index: Mario, Pac-Man Most Appealing Video Game Characters Among Consumers<!-- Título xerado por un bot. -->]</ref>.
 
== Nome ==
O nome do xogo provén da [[onomatopea]] [[Lingua xaponesa|xaponesa]] ''paku'' (パク), que é o son que se produce ó abrir e pecha-la boca. O nome quedou como ''Puck-Man'' en [[Xapón]] (en inglés ''puck'' pronúnciase parecido a ''pac''), pero Midway modificouno a ''Pac-Man'' para o mercado estadounidense (e posteriormente outros mercados occidentais), xa que ''puck'' se parece demasiado a ''fuck'', unha [[Linguaxe obscena|obscenidade]] en inglés.
 
== Descrición ==
O protagonista do videoxogo Pac-Man é un círculo amarelo ó que lle falta un sector polo que parece ter boca. Aparece en [[labirinto]]s onde pode comer puntos pequenos, puntos maiores e outros premios con forma de froitas e outros obxectos. O obxectivo do personaxe é comer tódolos puntos da pantalla, momento no que se pasa ó seguinte [[nivel]] ou pantalla. Non obstante, catro fantasmas ou monstros, Shadow ([[Blinky (monstro)|Blinky]]), Speedy ([[Pinky (monstro)|Pinky]]), Bashful ([[Inky (monstuo)|Inky]]) e Pokey ([[Clyde (monstro)|Clyde]]), recorren o labirinto para intentar comerse a Pac-Man. Estas pantasmas son, respectivamente, vermella, rosa, azul clara e laranxa. No xogo orixinal (Puck-Man), as pantasmas chamábanse Akabei, Pinky, Aosuke e Guzut. As pantasmas non son iguais, así mentres Blinky é moi rápido, e ten a habilidade de encontrarte no escenario, Inky é moi lento e moitas veces evitará o encontro con Pac-Man.
 
Hai catro puntos máis grandes do normal situados preto das esquinas do labirinto, e que proporcionan a Pac-Man a habilidade temporal de comerse aos monstros (todos eles vólvense azuis mentres Pac-Man ten esta habilidade). Despois de ser tragados, as pantasmas rexenéranse en "casa" (unha caixa situada no centro do labirinto). O tempo que os monstros permanecen vulnerables varía segundo a pantalla, pero tende a decrecer a medida que progresa o xogo, e ó cabo de moitas pantallas os puntos especiais non teñen ningún efecto sobre as pantasmas, coa excepción do nivel 6 no que o efecto dura uns segundos máis ca no nivel 5.
 
Hai uns descansos entre algunhas pantallas (entre a 2 e a 3, 5 e 6, 9 e 10 e posteriormente cada catro pantallas) nas que se ven escenas humorísticas sobre Pac-Man e as pantasmas.
En Pac-Man World tratase de que a familia de Pac-Man é raptada por diferentes monstros. O papá de Pac-man é raptado por uns alieníxenas, Toc-Man é raptado por un barco vivinte, Can-Man é raptado por anubis, o fillo de Pac-Man é raptado por un robot da fábrica e Mrs Pac-Man é raptada polas pantasmas.
 
== Funcionamento ==
O movemento dos monstros está estritamente determinado: non hai ningún movemento aleatorio, nos algoritmos que elixen os seus percorridos. Así, pódese aprender a xogar indefinidamente a través da memorización de secuencias específicas de movementos para cada nivel. Estas secuencias son chamadas "patróns", ou "camiños" (en inglés ''patterns''). Unha revisión posterior da programación do xogo alterou o comportamento, pero seguía sen ser aleatorio, e foi por este motivo polo que se deseñaron novos patróns para completa-los niveis.
 
As diferentes pantasmas son:
* '''Blinky''', a pantasma vermella, é a máis agresiva, sempre perseguirá a Pac-Man polo labirinto. Ademais, cando Pac-Man recolle un certo número de puntos en cada nivel, a velocidade de Blinky aumenta substancialmente.
 
* '''Pinky''', a pantasma rosa, normalmente seguirá a Blinky, aínda que ocasionalmente se perda. É o primeiro en cambiar de dirección cando se acerca o final do nivel, polo que é mellor manterse lonxe del cando queden pouco puntos na pantalla.
 
* '''Inky''', a pantasma azul, sempre trata de corta-lo paso a Pac-Man. Non é perigoso por si mesmo, pero en combinación con Blinky e Pinky resulta letal, xa que entre os tres terminan por cercar ao xogador despistado.
 
* '''Clyde''', a pantasma laranxa, é a máis inofensiva das catro. Normalmente o seu comportamento é errático e case nunca vai detrás de Pac-Man, senón que sinxelamente dá voltas polo labirinto. Pode resultar inofensiva, aínda que ás veces é perigosa, precisamente pola dificultade de prever os seus movementos.
 
== Acontecementos históricos ==
[[Ficheiro:AZCA (Madrid) 03b.jpg|miniatura|dereita|[[Ornamento|Decoración]] de [[Nadal]] inspirada no ''Pac-Man'', en [[Madrid]].]]
Billy Mitchell, en [[1999]] xogou por primeira vez unha partida perfecta de ''Pac-Man'', entendéndose como tal unha partida na que o xogador debe completa-los 255 niveis coa puntuación máxima sen ser capturado nin unha soa vez. A puntuación máxima é de 3.333.560 puntos.
 
Non obstante, en decembro de [[1982]], un cativo de oito anos chamado Jeffrey R. Yee recibiu unha carta do entón [[presidente dos Estados Unidos]] [[Ronald Reagan]] na que o felicitaba por consegui-lo récord mundial de 6.131.940 puntos, unha puntuación que só se pode acadar se o xogador pasa polo nivel da pantalla partida. Debátese acaloradamente sobre se este feito tivo realmente lugar ou non nos círculos de videoxogos dende entón. Billy Mitchell ofreceu 100.000 [[Dólar estadounidense|dólardólares]]es ó que puidera completar (e demostrar que o fixera) o nivel da pantalla partida antes do [[1 de xaneiro]] de [[2000]], porén ninguén puido logralo.
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.webpacman.com Páxina web dedicada a Pac-Man].
* [http://www.p-six.de/pacman/liste.html Máis de 200 versións de Pac-Man en liña].
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Videoxogos de 1980]]
393.002

edicións