Videoxogo para un xogador: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 31 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q208850
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 1:
Un '''videxogo para un xogador''', (single-player en inglés) é aquel que ten entrada para un único xogador . Os [[videoxogos]] máis temperáns, como [[Tennis for Two]], eran para dous xogadores, os xogos para un único xogador gañan popularidade pouco despois con títulos como [[Speed Race]] e [[Space Invaders]]. A primeiros dos 90 presentáronse moitos xogos que utilizaron [[redes de área local]] para modos de [[multixogador]], [[Doom]] é un exemplo notábel destes.
 
Os xogos máis importantes para un xogador teñen historias interesantes, gráficos impresionantes, e [[NPC|personaxes non xogables]] máis realistas e mellores adversarios. Os exemplos notábeis inclúen xogos de acción e aventura como [[The Legend of Zelda]], [[xogos de plataformas]] como [[Mario (videoxogo)|Mario]] e [[Sonic]], xogos de sixilo como [[Metal Gear]], xogos de horror e supervivenia como [[Resident Evil]] e [[Silent Hill]], e [[Tiro en primeira persoa|FPS]] como Doom, [[Half-Life]] e [[Deus Ex]].
 
Algúns xéneros de videoxogos están orientados cara o único xogador no seu deseño. Tales xéneros inclúen [[xogos de crebacabezas]], como o [[Tetris]], e xogos de rol ([[RPG]]), como [[Dragon Quest]] e [[Final Fantasy]]. Adicións recentes a estes xéneros, como os [[MMOG]], ou videoxogos multixogador masivos en liña, que teñen versións multixogador de xogos como o Tetris, están servindo para desfacer esta tendencia.
 
A vasta maioría de xogos de [[Videoconsola|consola]] e [[xogos de arcade]] son deseñados de modo que poden ser xogados por un xogador; a pesar de que moitos destes xogos teñen modos que deixan xogar a dous ou máis xogadores (non necesariamente simultaneamente), moi poucos de feito requiren máis dun xogador para poder ser xogado.
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Videoxogos]]