Mute Records: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 1 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:Q240804
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 3:
Mute Records comezou a ser coñecido pola firma de artistas [[post-punk]], como [[Fad Gadget]] (pseudónimo de [[Frank Tovey]]), a [[Einstürzende Neubauten]], [[Throbbing Gristle]] ou [[Cabaret Voltaire (grupo musical)|Cabaret Voltaire]]. Cando a [[música electrónica]] se situou no cumio das listas de 1981 do [[Reino Unido]], Mute Records asinou con artistas como [[Depeche Mode]], [[Nitzer Ebb]], [[Yazoo]] ou [[Erasure]], bandas que facían uso de novas tecnoloxías que redefinirían o son das pistas de baile entre os finais dos 80 e principios dos 90.
 
Logo desta etapa, Mute cambiou o seu estilo novamente, apoiando o [[rock alternativo]] con bandas como [[Sonic Youth]] na subselo '''[[Blast First]]'''. O selo ademais lanzou en 1992 a subsidiaria '''[[Novamute Records]]''', principalmente como unha canle de distribución de música electónica experimental.
 
Mute Records foi coñecido por ser o fogar de [[Depeche Mode]] e [[Erasure]]. [[Moby]], [[Nick Cave]] e [[Laibach]] tamén son algúns dos pilares fundamentais de Mute.
 
Os seguintes discos realizados por Mute Records foron nominados para os [[premios Mercury]]:
* ''We Can Create It'' de [[Maps]] (2007)
* ''Coles Corner'' de [[Richard Hawley]] (2006)
* ''Felt Mountain'' de [[Goldfrapp]] (2001)
* ''Soul Murder'' de [[Barry Adamson]] (1992)
 
Mute Records foi a primeira casa discográfica británica en aparecer en internet, co título '''Mute Liberation Technologies'''. Este comezou como un boletín, logo cun espazo en Telnet, e finalmente o seu propio sitio Web. Continuaron algúns anos máis ata darse de baixa, con excepción do sitio web.
Liña 17:
O 10 de maio de 2002, [[EMI]] adquiriu Mute Records, extendendo unha exitosa relación que Mute mantiña con EMI [[Virgin Records]] durante 15 anos. Daniel Miller, presidente executivo, é o responsable de tódalas actividades da compañía.
 
== Ligazons externas ==
* [http://www.mute.com/ Sitio oficial]
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Discográficas]]