Igrexa de San Miguel de Eiré: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Victortpr (conversa | contribucións)
Victortpr (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 26:
No centro da bóveda de cascarón cuberta por pinturas renacentistas aparece a figura sedente do Salvador enmarcado nunha simbólica améndoa, coa Virxe á súa dereita e San Xosé ou o Bautista á esquerda, ambos os dous de xeonllos e mirando ao Salvador. Sobre este último aparece un anxo á dereita, sinalándoo e poderíase supor que habería outro á esquerda, aínda que os restos de pintura apenas permiten recoñecer o que podería ser unha man. Esta iconografía desenvólvese sobre unha cenefa inferior que representa o día do Xuízo FInal, cos resucitados saíndo dos seu sepulcros.
 
=== Exterior ===
A fachada oeste, en teoría a principal, presenta unha sinxela porta de arco de medio punto só ornamentada ao interior. A metade de altura, unha segunda porta posibelmente comunicaría o coro alto coas dependencias monasteriais, hoxe desaparecidas. Sobre esta segunda porta ábrese unha xanela con arco de medio punto sobre columnas acodilladas e capiteis de ornamentación vexetal, está arrodeada por unha moldura exterior ornamentada con billetes. O testeiro remata seguindo a pendente dos faldróns da cuberta, que supera en altura e que voa lateralmente ao xeito de ménsulas sobre bólas.
 
Liña 35 ⟶ 36:
 
Porén, a descrición anterior das catro facadas do edificio obvia o elemento fundamental que aparece en todas elas e que lle confire o seu carácter especial a esta singular obra de arquitectura: a torre. Nos seus muros leste e oeste ábrense, nos saíntes dos muros que os enmarcan, dúas amplas xanelas xeminadas con arcos de medio punto, apoiadas en columnas acodilladas nas xambas laterais e nunha semicolumna de maior diámetro no centro. Os arcos, formados por unha moldura tórica e unha escocia, están envoltos por roscas axadrezadas semicirculares. Os capiteis son de ornamentación vexetal, agás o correspondente ao lado esquerdo da fachada leste, que leva esculpidos dous cuadrúpedes en ángulo recto.
 
Os muros norte e sur da torre levan unha única xanela, tamén de medio punto, moito máis sinxela. Todas as fiestras da torre que se sosteñen por unha moldura corrida, ornamentada con billetes, que percorre perimetralmente a torre por riba da cornixa. Esta sostense á súa vez por canzorros e percorre as fachadas laterais da nave e da torre polo seu lado leste. As esquinas, á altura dos capiteis das xanelas, ofrecen un detalle singular: acodilláronse e dispuxéronse as bases áticas para unhas columnas que non chegaron, aparentemente, a se colocar e que poderían indicar a intención de aumentar no futuro a altura da torre. En todo caso, o efecto final conseguido foi alixeirar visualmente o peso desta e aumentar o seu carácter escultórico.
 
==Galería de imaxes==