→Xogos Olímpicos de Berlín e anos seguintes
Sen resumo de edición |
|||
=== Xogos Olímpicos de Berlín e anos seguintes ===
Coa chegada ao poder de [[Hitler]] en 1933 empézanse a aplicar medidas contra a minoría xudaica de [[Alemaña]]. Helene, que continuaba nos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] viviu esta situación dende lonxe.
O [[Comité Olímpico]] decidiu que a sede dos Xogos de [[1936]] fose a cidade de [[Berlín]] e os nazis vírono como unha oportunidade de demostrar a forza da nova Alemaña. Isto incluía a necesidade de evitar que atletas xudeus representasen a Alemaña nas [[Olimpíadas]], polo que quedaron excluídos dos clubs aos que non podían entrar se non eran membros das asociacións nazis, das que igualmente non podían ser membros por seren xudeus. Ante as ameazas dos Estados Unidos principalmente, xunto con outras democracias occidentais, de boicotear os xogos os nazis decidiron convidar a Helene.
|