Jody Scheckter: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 23:
[[Ficheiro: ScheckterJody1976-07-31Tyrrell-FordP34.jpg|miniatura|esquerda|Scheckter na icona [[Tyrrell P34]].]]
En {{f1|1974}} [[Tyrrell Racing|Tyrrell]] deulle a súa primeira tempada completa na F1. Jody recompensounos cunha 3ª praza no campionato de pilotos e un par de vitorias en [[Gran Premio de Suecia de 1974|Suecia]] e [[Gran Premio do Reino Unido de 1974|Gran Bretaña]]. Durante a tempada, anotou puntos en 8 carreiras consecutivas. No ano seguinte non destacou, a pesar de que chegou a gañar o [[Gran Premio de Suráfrica]], pero o seu terceiro ano co equipo, en {{f1|1976}}, deulle outra 3ª praza no campionato de pilotos. Nesa tempada, Tyrrell introduciu o coche máis radical na historia da F1, o de seis rodas, o [[Tyrrell P34]]. Scheckter deu ás seis rodas a súa única vitoria, en Suecia, no circuíto de [[Scandinavian Raceway|Anderstorp]] e nas súas 12 carreiras co coche, anotou puntos en 10 ocasións, incluíndo o [[Gran Premio dos Estados Unidos]], unha carreira cunha longa e emocionante loita polo liderado entre élel e o seu gran amigo [[James Hunt]].
 
Scheckter marchou a [[Walter Wolf]] o seu novo equipo en {{f1|1977}} e deulle ao equipo unha vitoria na súa primeira carreira. Gañou dúas veces máis e era común que rematara no podio, pero terminou segundo na tempada detrás de [[Niki Lauda]]. En {{f1|1978}} acabou no 7º lugar, deixou o equipo logo do fin da tempada para unirse a [[Scuderia Ferrari|Ferrari]] xunto con [[Gilles Villeneuve]] no equipo do coche do efecto terra, o [[Ferrari 312T|312T4]].