Mike Myers: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 30:
'''Michael John Myers''' (n. [[25 de maio]] de [[1963]]) é un [[actor]], [[guionista]], produtor de cine e comediante [[Reino Unido|británico]]-[[Canadá|canadense]]. Actuou en ''Saturday Night Live'' ([[1988]]-[[1995]]), ''[[Wayne's World]]'', nas tres películas de ''[[Austin Powers: International Man of Mystery|Austin Powers]]'' e prestou a súa voz na serie de películas de ''[[Shrek]]''. A súa última entrega humorística é "The Love Guru", na que interpreta o papel de Gurú Pitka. En 2002, Myers participou no vídeo musical de [[Britney Spears]], "Boys".
 
== Biografía ==
Naceu o 25 de maio de 1963 en Scarborough, [[Ontario]], [[Canadá]]. Mide 1,73 m. Mike Myers é o fillo menor do vendedor de enciclopedias e antigo [[cociñeiro]] do exército británico Eric Myers, e de Alice “Bunny” Myers, procesadora de datos e ex-actriz. Ambos cidadáns ingleses (o propio actor ten pasaporte británico) que emigraron a Canadá desde a cidade portuaria de [[Liverpool]].
 
O primeiro contacto de Myers co mundo audiovisual foron as súas aparicións infantís en varios anuncios publicitarios. Na súa etapa no instituto Stephen Leacock, Mike tomou leccións de danza e comezou a crear personaxes cómicos. Nos inicios dos anos 80 actuou co grupo de comediantes ''Second City Comedy'' de [[Toronto]], e máis tarde formou parella profesional con Neil Mullarkey, con quen Myers virou por Inglaterra representando múltiples actuacións humorísticas. Retornado a Canadá, Myers foi descuberto por Martin Short cando estaba actuando co ''Second City Comedy''. Short propúxolle que se incorporase ao programa de televisión “Saturday Night Live”, todo un escaparate popular para o talento cómico dos seus protagonistas. En 1989, Mike, que actuaba e escribía "sketches", recibiría un premio Emmy polos seus [[Guión (arte)|guiónguións]]s.
 
A súa primeira aparición cinematográfica produciuse ese mesmo ano ao aparecer en “Elvis Stories” (1989), unha curta parodia sobre a desaparición de [[Elvis Presley]], rodado por [[Ben Stiller]].
 
{{ORDENAR:Myers, Mike}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Actores do Canadá]]