Cañita Brava: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
engado categorías
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 16:
'''Manuel González Savín<ref name = IMDb>{{cita web|título=Cañita Brava|url=http://www.imdb.com/name/nm0105987/|data-acceso= 12 de marzo de 2014|obra=IMDb}}</ref>''', nado nas [[As Xubias, Oza, A Coruña|Xubias]] ([[A Coruña]]) en [[1956]], é un artista cómico-musical [[Galicia|galego]], máis coñecido como '''Cañita Brava'''. Saltou á fama a comezos da década de 1990, con cancións coma "La pichina", "El fugitivo", "Twist esa chica", "Espikinllú" ou "Los invasores", ademais doutros temas coma "Canción en chino" ou "Canción en ruso", nas que utiliza unha particular mistura de expresións cómicas pretendidamente tomadas de varios idiomas.
 
== Traxectoria ==
É veciño dos [[Os Castros, A Coruña|Castros]], [[A Coruña]]. Cañita Brava descubriu a súa inclinación ao mundo do espectáculo cando comprobou que a súa versión do famoso merengue "Caña brava" era aceptado con entusiasmo polos seus veciños e amigos. Antes de dedicarse á canción, Cañita traballaba no peirao da súa localidade natal, mais decidiu deixar ese traballo. Tras algunhas actuacións de carácter local que axudaron a establece-lo seu nome, Cañita tivo a súa primeira grande oportunidade cando apareceu no programa de [[TVE]] ''El semáforo'', presentado por [[Jordi Estadella]] e [[Marlene Mourreau]].
 
=== Aparición en televisión ===
Á primeira aparición de Cañita en TVE (na que non interpretou ningunha canción pero si fixo unha parodia da retransmisión do famoso encontro España-Malta) sucedéronse moitas outras, nas que comezou a explora-los seus talentos como compositor e vocalista en temas como "Canción en ruso" ou "Ya vienen los pastores", esta última unha panxoliña que adaptou ao seu estilo para unha edición de nadal de ''El semáforo''. O público aclamou case dende o principio a arte de Cañita, que chegou a transcender por completo o formato do programa, que era en realidade un concurso de talentos. Así, Cañita axiña se converteu nun regular e adoitaba aparecer fóra de concurso. "Tengo más de treinta canciones compuestas", asegurou nunha ocasión, "y siempre me quedan las mejores para el final, no sé por qué".
 
=== Aparición en cinema ===
En 1998 deu o salto á gran pantalla da man de [[Santiago Segura]], cun moi pequeno papel no filme de grande éxito ''[[Torrente, el brazo tonto de la ley]]'', película na que compartía cartel con [[Tony Leblanc]], o tamén galego [[Manuel Manquiña]], [[Chus Lampreave]] ou o propio Segura. A frase estelar de Cañita --"me debes seis mil pesetas de whisky"<ref>[https://www.youtube.com/watch?v=zaea_InNnwA Escena] en [[YouTube]].</ref>-- tivo tal popularidade que cando Segura se decidiu a face-la terceira parte da saga de ''Torrente'', pediulle a Cañita que volvese a aparecer e pronunciase esa mesma frase pero desta volta traducida a euros.
 
Liña 29:
Logo diso, Cañita dedícase a facer shows por toda a xeografía ibérica, participando en inauguracións de discotecas, festas diversas e dando pregóns para festividades locais.
 
== Discografía ==
=== Álbums de estudio ===
{|style="background: #ddeeee; text-align: left; border: 2px"
|-
Liña 43:
|}
 
== Filmografía ==
=== Longametraxes ===
* ''[[Torrente, el brazo tonto de la ley]]'' (1998)
* ''[[Torrente 3: El protector]]'' (2005)
* ''[[Torrente 4: Lethal Crisis]]'' (2011)
* ''[[Torrente 5: Operación Eurovegas]]'' (2014)
 
=== Curtametraxes ===
* ''[[Los invasores]]'' (2003)
 
== Notas ==
{{listaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.lastfm.es/music/Ca%C3%B1ita+Brava Perfil de Cañita Brava en Last.fm]
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Nados na Coruña]]