Abrir o menú principal

Cambios

m
Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
'''Xosé Luís Fernando Allué-Andrade y Ferreira''',<ref>''[[Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada]]''</ref> nado en [[Monforte de Lemos]] en [[1931]], é un científico, profesor e investigador galego.
 
== Traxectoria ==
Estudou Ciencias Físicas e Enxeñería Técnica Forestal. Foi investigador científico no Instituto Nacional de Investigacións Agrarias, especialista en Fitoclimatoloxía e profesor de Silvicultura na Escola Universitaria de Enxeñería Técnica Forestal. Foi secretario xeral da Sociedade Española para o estudo dos pastos, secretario da European Grassland Federation, subcoordinador nacional do programa de investigación de pastos e profesor de repoboacións na Escola Universitaria de Enxeñería Técnica Forestal.
 
Dende a súa mocidade foi asiduo do grupo formado por [[Ramón Piñeiro]], [[Celestino Fernández de la Vega]], [[Ánxel Fole]] e [[Luís Pimentel]].
 
== Obra ==
Formulou tres modelos de análise fitoclimático e un método de diagnose, avaliación e prescrición ecoculturais, ademais do estudo monográfico dunhas oitenta especies pascícolas. Os seus estudios biolóxicos, ecolóxicos e climatolóxicos están recollidos en múltiples publicacións, entre as que destacan:
* ''Aflorestation in arid zones''.
* ''Studes of botany, ecology, biology and pascicology of the principal existing especies in the spontaneous pasture grounds of our semiarid regions''.
* ''Problemas y expectativas de la investigación piscícola'', 1982.
* ''Atlas Fitoclimático de España'', 1990.
 
En galego publicou artigos e poemas en ''[[Grial (revista)|Grial]]'', participou nos volumes colectivos ''Paisaxe e cultura'' (1955), ''Homenaxe a Otero Pedrayo'' (1958), ''O noso sentimento da paisaxe'' (en colaboración con Cunqueiro, Bonet Correa e Otero Pedrayo), ''Cinco pezas pra cembalo'', ''Vintasete murais pra Tino'', ''O caso Grandio'', ''Dicionario aproximado'', ''Canciones callejeras y sentimentales'', ''Sonata para un hombre solo'' e ''Liturxias pró Nadal''.
 
== Recoñecementos ==
* Cruz do Mérito Agrícola.
* Premio de Publicacións INIA.
* Certificate of Apreciation Foreing Research and Technical Programs dos EE UU.
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* ''[[Dicionario biográfico de Galicia]]'', [[Ir Indo Edicións]], 2010-2011, [[Vigo]].
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.galegos.info/gl/xose-luis-fernando-allue-andrade Ficha en galegos.info]
* [http://www.editorialgalaxia.es/autores/autor.php?id_autor=710 Ficha en Galaxia]
 
{{ORDENAR:Allue Andrade, Jose Luis}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Científicos de Galicia]]
[[Categoría:Escritores de Galicia]]
381.287

edicións