Diferenzas entre revisións de «Manuel Rodríguez Alfonso»

m
Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m (Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética)
'''Manuel Rodríguez Alfonso''', nado en [[Cangas]] o [[22 de decembro]] de [[1948]], é un ex-xogador e adestrador galego de [[fútbol]]. Xogou de defensa central no [[Celta de Vigo]], onde era coñecido como '''Manolo "o gran capitán"'''.
 
== Traxectoria ==
De novo xogou nos equipos infantís do Barreras e o Callao. Aos 15 anos pasou ás categorías xuvenís do Celta, debutando co primeiro equipo como titular aos 21 anos contra a [[Real Sociedad]]. Formou parte das categorías inferiores da selección española de fútbol, coa que participou no Campionato de Europa sub-23 disputado en [[Iugoslavia]] en [[1969]], acadando o subcampionato.
 
Estivo 17 campañas no primeiro equipo, xogando 463 de liga e metendo 17 goles. O [[6 de maio]] de [[1982]] recibiu unha homenaxe no [[Estadio de Balaídos]], cun encontro entre o Celta e a [[selección polaca de fútbol]]. Despois de retirarse como xogador, foi secretario técnico do equipo. Deixou o posto ao remate da tempada 1989/90 por discrepancias co presidente [[José Luis Rivadulla]].
 
=== Encontros e goles por campaña ===
* [[Segunda división española 1966/67]]: 13/0
* [[Segunda división española 1967/68]]: 24/0
* [[Segunda división española 1968/69]]: 37/1
* [[Primeira división española 1969/70]]: 27/0
* [[Primeira división española 1970/71]]: 30/1
* [[Primeira división española 1971/72]]: 34/0
* [[Primeira división española 1972/73]]: 32/0
* [[Primeira división española 1973/74]]: 21/0
* [[Primeira división española 1974/75]]: 20/0
* [[Segunda división española 1975/76]]: 35/0
* [[Primeira división española 1976/77]]: 33/1
* [[Segunda división española 1977/78]]: 32/3
* [[Primeira división española 1978/79]]: 29/2
* [[Segunda división española 1979/80]]: 37/4
* [[Segunda división B española 1980/81]]: 30/3
* [[Segunda división española 1981/82]]: 29/2
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://es.celta.wikia.com/wiki/Manuel_Rodr%C3%ADguez_Alfonso Ficha] en Celta Wikia.
* [http://www.yojugueenelcelta.com/2008/04/manolo.html Ficha] en Yo jugué en el Celta.
 
 
 
{{Adestradores do Celta de Vigo}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Nados en Cangas]]
393.002

edicións