Abrir o menú principal

Cambios

m
Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
'''Balbino Clemente García''', nado en [[Vedra]] o [[6 de setembro]] de [[1896]], foi un futbolista galego, que xogaba de centrocampista.
 
== Traxectoria ==
Comezou a xogar no [[Real Club Fortuna de Vigo|Fortuna de Vigo]] en 1915. En 1917 foi fichado polo presidente do [[Real Betis Balompié]], [[Carlos Alarcón de la Lastra]], xunto ao vigués Barzallana. Despois dunha tempada, fichou polo [[Sevilla Fútbol Club]], onde estivo un ano. En [[1919]] regresou ao Fortuna.
 
Trala fusión en agosto de 1923 do Fortuna e o [[Real Vigo Sporting Club|Vigo Sporting]] naceu o [[Real Club Celta]], pasando Balbino a formar parte do primeiro equipo. Xogou no equipo celeste até 1926, anos nos que acadou tres campionatos de Galicia.
 
O [[18 de decembro]] de [[1921]] xogou coa [[selección de fútbol de España|selección española]] en [[Madrid]] fronte a [[Portugal]]. O [[19 de novembro]] de [[1922]] xogou o primeiro partido da [[ selección de fútbol de Galicia|selección galega]], con vitoria fronte a Castela por 4 a 1 no campo de [[Coia, Vigo|Coia]]. Posteriormente xogaría varios encontros máis co combinado galego.
 
{{Modelo:Primeira Plantilla do Celta de Vigo}}
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.yojugueenelcelta.com/2008/05/balbino-clemente.html Ficha] na web ''[http://www.yojugueenelcelta.com Yo Jugué en el Celta]'' {{es}}.
 
{{ORDENAR:Clemente, Balbino}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Nados en Vedra]]
[[Categoría:Xogadores do Celta de Vigo]]
381.175

edicións