Ivan Klasnić: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 61:
'''Ivan Klasnić''' [{{IPA|ˈiʋan ˈklasnitɕ}}], nado en [[Hamburgo]] o [[29 de xaneiro]] de [[1980]], é un [[futbolista]] [[Alemaña|xermano]]-[[Croacia|croata]]. Xoga de [[Posicións no fútbol|dianteiro]] e o seu equipo actual é o [[1. FSV Mainz 05]].
 
== Traxectoria ==
Klasnić naceu en [[Hamburgo]] (daquela en [[Alemaña do Oeste]], nunha familia con membros de orixe [[Bosnia e Hercegovina|bosnia]] e [[Croacia|croata]]. Comeza a súa carreira profesional na escadra local [[FC St. Pauli|St. Pauli]], coa que xogou tres tempadas e media destacando coma dianteiro. Despois de axudar ó St. Pauli a ascender á primeira división no ano [[2001]] marcha para o [[Werder Bremen]] no verán dese ano. As dúas primeira tempadas no clube no foron de bo proveito debido sobre todo a dúas fortes lesións no xeonllo, mais na 2003-04 revelouse coma un dos xogadores clave do éxito do Werder. Ese ano gañaron tanto a [[Fußball-Bundesliga|Bundesliga]] como a [[Copa de Alemaña]], e Klasnić anotou 11 goles e deu 13 pases de gol nos encontros de liga.
 
Liña 74:
Na tempada 2012–13 fichou polo [[1. FSV Mainz 05]].
 
=== Selección nacional ===
Tras rexeitar a invitación de [[Rudi Völler]] para xogar coa [[Selección de fútbol de Alemaña|selección xermana]] e a de [[Blaž Slišković]] para xogar coa selección de [[Selección de fútbol de Bosnia e Hercegovina|Bosnia e Hercegovina]], acepta xogar para a [[Selección de fútbol de Croacia|selección croata]]. Debuta no ano [[2004]] nun encontro contra Alemaña, no que estes vencen por 2-1.
 
Foi escollido para desputar a [[Eurocopa de Fútbol 2004]] que se celebrou en [[Portugal]], mais o adestrador non lle concedeu nin un só minuto. Croacia non pasaría da primeira fase, e as críticas arreciaron sobre o seleccionador por deixar apartado a Klasnić.
Liña 83:
Xa no mundial, non logra anotar gol algún, e Croacia cae na primeira rolda tras dous empates e unha derrota. Na atualidade, aínda que seguen indo convocado, parece que perdeu a súa praza de titular nos últimos encontros de clasificación para a [[Eurocopa de Fútbol 2008]].
 
== Palmarés ==
;Werder Bremen
* [[Fußball-Bundesliga|Bundesliga]]: 2003–04
* [[DFB-Pokal|Copa de Alemaña]]: 2004
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.ivanklasnic.com Páxina oficial]
* [http://www.werder.de/english/team/spieler/klasnic.php Datos seus na páxina do Werder Bremen]
 
{{ORDENAR:Klasnic, Ivan}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Futbolistas de Croacia]]
[[Categoría:Dianteiros de fútbol]]