Diferenzas entre revisións de «Hedra»

(corrixo)
A especie é orixinaria de [[Europa]] (Illas británicas, Escandinavia, Francia, Benelux, Europa central, Italia, Península Ibérica, Balcáns) e de [[Asia occidental]] (Chipre, Turquía).
 
É unha planta capaz de adaptarse a entornoscontornas moi variadosvariadas, por ser pouco esixente respecto á natureza do chan. Encóntrase moi correntemente no sotobosco, mais tamén no litoral atlántico onde aguanta as chuvias abundantes e as brétemas mariñas. Porén tamén se adapta en lugares secos dos países mediterráneos e pode prosperar, en montaña, ata os 1.000 m de altura. Por contra, non resiste os fortes fríos.
Ten sido difundida por cultivo, sendo introducida en [[América]] e en [[Australia]]. Nos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] está considerada unha planta invasora.