Maragota: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética |
|||
Liña 2:
A '''maragota''' ou '''pinto''' (''Labrus bergylta'', Ascanius 1767) é un [[peixe]] de mar da familia dos [[Lábridos]]. Vive en augas costeiras (até uns 50 m de profundidade) e pódese atopar no [[Mar Mediterráneo|Mediterráneo occidental]], no [[Océano Atlántico]] e, no norte, até a parte oeste do [[Mar Báltico]].
== Morfoloxía ==
O corpo é avultado e está cuberto de [[escama]]s grandes e duras. Cabeza de bo tamaño con labios protuberantes. Está dotado dunha aleta dorsal, con até 21 espiñas radiais e unha decena de espiñas menores; aleta anal con tres espiñas radiais e outra decena de espiñas menores e, finalmente, aleta caudal de perfil posterior recto.<ref>Estévez, Xosé Manuel, ''Maragota'', s.v., in Gran Enciclopedia Gallega, t. XX.</ref>
== Hábitat e bioloxía ==
[[Ficheiro:Pinto e maragota 01-01r.jpg|miniatura|300px|Pinto (debaixo) e maragota (arriba)]]
Nas costas atlánticas medias atópanse escondidos baixo [[alga]]s ou en buratos. Non son demasiado bravos e si curiosos, o que os fai vulnerables respecto dos cazadores submarinos.
Liña 15:
Son peixes extremadamente sedentarios, ocupando un área moi pequena ó longo do ano. Ademais, son peixes lonxevos que poden chegar ós 25-30 anos de vida.
== Interese pesqueiro e comercial ==
Teñen fama de peixe espiñento e polo tanto pouco aprezado, porén a maragota substitúe con frecuencia ao [[abadexo]] e ao [[bacallau]] fresco. Péscase en litorais rochosos e pouco profundos, xeralmente en augas limpas, capturándose ó [[trasmallo]].<ref>''Guía do consumidor de peixe fresco''. Xunta de Galicia. Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura. 2000.</ref>
== En Galicia ==
O máis corrente é '''maragota''' compartido co portugués, e que esporadicamente pode aplicarse a outros lábridos, aínda que en xeral con determinante diferenciador. Outros son: ''bicuda'' (dito máis da pequena), ''botúa'', ''ferrola'', ''martela'' (a pequena), ''pinto'' e ''vello'' (cfr. francés ''vieille''). ''Bodión'' ou ''budión'' é tamén sinónimo nalgún porto, pero que se aplica de xeito máis xeral a outro lábrido, o ''Labrus merula''; é tamén vocábulo galego-portugués.
A designación ''maragota'' é en castelán un empréstimo galego ou portugués. O étimo non está claro.<ref>Ríos Panisse e Santamarina, Antón, ''Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia. I, Invertebrados y peces''. Santiago. 1977, páxs. 329-330.</ref>
== Galería de imaxes ==
<Gallery>
[[
</Gallery>
== Notas ==
Liña 36:
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.catalogueoflife.org/show_species_details.php?record_id=5347945 Catálogo Database]
{{Control de autoridades}}
[[Categoría:Labroideos]]
|