Hydrodamalis gigas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 27:
'''''Hydrodamalis gigas''''', coñecido popularmente como '''dugongo-de-Steller''' ou '''vaca-mariña-de-steller''', é unha [[especie]] extinguida de [[mamífero]] mariño da orde [[Sirenia]] que se [[extinción|extinguiu]] ao final do [[século XVIII]]. Este animal habitaba o [[mar de Bering]], mais o rexistro [[fósil]] indica que sirénios do xénero ''Hydrodamalis'' habitaron outrora zonas máis extensas do [[Océano Pacífico]], chegando á costa da [[California]] e do [[Xapón]]. A especie foi descrita por primeira vez polo naturalista alemán [[Georg Steller]] en [[1741]], nunha altura en que xa era posíbelmente bastante rara.
 
Este sirénio era considerábelmente maior que os membros actuais da súa orde, o [[dugongo]] e o [[manatí|manatí]], medindo até 8 metros de lonxitude e pesando entre 5 a 11 toneladas. O seu corpo era macizo, con cabeza pequena e pescozo indiferenciado. Os ollos eran pequenos, así como as narinas, e non tiña orellas. Os adultos non tiñan dentes. A cauda era en forma de abano e os membros dianteiros modificados como [[barbatana]]s tiñan a forma de gancho. Por causa de seu peso e estrutura corporal, o dugongo-de-Steller era un animal bastante lento.
 
Era un animal herbívoro, altamente especializado para ambientes costeiros de augas frías e pouco profundas, ricas en algas e outra vexetación mariña. Era gregario e vivía en mandas, próximo a [[estuario]]s e embocaduras de ríos. Pouco se sabe respecto aos hábitos de vida ou reprodución, mais suponse que formase parellas monogámicas e que o período de gestación fose longo. Relatos contemporáneos indican que as fémeas daban á luz só unha cría, na altura do outono.
Liña 34:
A extinción do dugongo-de-steller está claramente asociada á chegada ao mar de Bering de pescadores e colonos occidentais. O animal foi de inmediato identificado como fonte de alimento e cazado pola súa carne, que é descrita como de textura e sabor semellantes ao bistec de [[vaca]]. A graxa era aproveitada para cociñar ou para as lámpadas a óleo, e o leite das femias era consumido directamente ou transformado en [[manteiga]]. O coiro era usado para fabricación de vestuário. No entanto, a caza excesiva non foi o único motivo de extinción. Xuntamente cos dugongos, os pescadores damnificaron tamén as poboacións de [[lontra mariña|lontras mariñas]] que se alimentaban, entre outras cousas, de [[ourizo de mar|ourizos do mar]]. Cos seus predadores en declínio, a poboación de ourizos estourou e, como se alimentaban da mesma vegetación mariña, tornáronse competidores do dugongo-de-steller. En [[1755]] foi emitida unha orde nos portos piscatórios do mar de Bering que prohibía a caza do dugongo-de-steller. Porén nesta altura a especie xa se encontraba en declínio acentuado e un dos últimos animais foi cazado en [[1768]].
 
== Ver tamén ==
 
* [[Mamíferos extintos]]
* [[Mamíferos mariños]]
* [[Dugongo]]
* [[Mamíferos]]
 
{{Referencias}}
{{wikispecies|Hydrodamalis gigas}}
{{commons|Hydrodamalis gigas}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Sirenios]]