Home de Neandertal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 32:
== Descuberta ==
[[Ficheiro:Homo sapiens neanderthalensis.jpg|miniatura|dereita|[[Homo neanderthalensis]], caveira descuberta en 1908 en [[La Chapelle-aux-Saints]] ([[Francia]])]]
[[Philippe-Charles Schmerling]] foi o primeiro en descubrir un fósil de neandertal (un cranio infantil) en [[1830]] na cova de Engis, preto de [[Liexa]], aínda que non tería repercusión, xa que só moito máis tarde (1936) foi recoñecido como tal. Partes dun esqueleto de neandertal descubríronse en Forbes' Carry, [[Xibraltar]] en [[1848]]. Pero a valoración definitiva dende un punto de vista paleoantropolóxico prodúcese logo do achado nunha canteira, preto de [[Düseldorf]], no [[val de Neander]] (na grafía [[lingua alemá|alemá]] da época, Neanderthal, de aí o nome) en agosto de [[1856]] (tres anos antes do libro ''[[A orixe das especies]]'' de [[Charles Darwin]] ser publicado) dos restos fósiles, que incluían o denominado "Neandertal 1", que consistía dunha coroa cranial. Os demais ósos que se atoparon eran dous [[fémur]]es, os tres ósos do brazo dereito, dous do brazo esquerdo, parte do ilíaco esquerdo e fragmentos dunha omoplata e costelas. Os traballadores que recolleron estes ósos pensaron que pertencían a [[úrsido]]s. Os traballadores entregaron o material recollido ao naturalista amador Johann Karl Fuhlrott. Fuhlrott levoulle os fósiles ao anatomista Hermann Schaafhausen e ambos os dous anunciaron a descuberta en [[1857]].
 
Esa descuberta considérase agora o inicio da [[paleoantropoloxía]]. Esas e outras descubertas no final das contas levaron á idea que eses fósiles eran de europeos ancestrais que desempeñaron unha importante función nas orixes humanas. Desde entón descubríronse restos de máis de 400 Neandertais.
Liña 120:
 
{{Evolución humana}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Antropoloxía]]