Camilo Nogueira Román: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
mSen resumo de edición
Liña 3:
En [[1964]] entrou a traballar na fábrica viguesa de Citroën como enxeñeiro. Presidiu durante tres anos a Asociación Cultural de Vigo. Formou parte de [[Galicia Socialista]], un grupo que daría orixe ao sindicalismo nacionalista galego e que acabaría fusionándose coa [[UPG]] en [[1971]], Camilo Nogueira queda como militante de base desa formación. Participou nas grandes folgas obreiras de [[1972]], detido e torturado foi despedido de Citroën, en 1973 estableceuse en Santiago para traballar en SODIGA.
 
Contribuiu a fundar a [[Asemblea Nacional Popular Galega]] e o [[Bloque Nacional Popular Galego]], (foipresentouse nascomo listaxescandidato deao senado por Pontevedra en [[1977]]) pero pouco antes das eleccións abandou a UPG. Tamén estivo implicado na creación do [[Partido Obreiro Galego]] (POG) despois das eleccións de 1977, que evolucionou cara [[Esquerda Galega]], un partido nacionalista de esquerdas que chegou a acadar un deputado nas [[Composición do Parlamento de Galicia#I lexislatura|Autonómicas de 1981]]. Nesta época, Nogueira participou na redacción do anteproxecto do [[Estatuto de Autonomía de Galicia]].
 
Esquerda Galega fusionouse co [[Partido Socialista Galego]] e ambos os dous acabarían integrándose no [[BNG]] co nome de [[Unidade Galega]] en [[1995]].