Picapeixe: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
agora faise en d:Wikidata
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 20:
| range_map_caption =<div style="text-align:left;">{{Color box|yellow}}&nbsp;Aniñamento <br />{{Color box|green}}&nbsp;Residente todo o ano<br />{{Color box|blue}} Estacional
}}
O '''picapeixe''' (''Alcedo atthis'') é a única especie europea da familia dos picapeixes ([[Alcedinidae]]). Vive nunha ampla área de [[Europa]], [[Asia]] e o noroeste de [[África]], en zonas de augas limpas.
 
== Descrición ==
Coma tódolos representantes da súa familia, o picapeixe ten o corpo curto e de aspecto sólido, as patas e as plumas da cola tamén curtas e alas anchas. A cabeza é grande, o pescozo curto e o bico longo (uns 4 cm.) e afiado. O corpo mide uns 16 a 18 cm., a envergadura das alas é duns 25 cm. e pesan ó redor de 35 ou 40 gramos.
A parte superior da cabeza, as plumas externas das alas, os ombreiros e as plumas da cola son de cor azul verdoso, máis ou menos escuro, barrado na zona da cabeza por listas de cor azul mariño. As plumas das alas teñen puntas azul mariño, no lombo as listas son azul turquesa. A gorxa é branca. Nas aves adultas o resto da parte inferior ten corres que van do vermello de ferruxe ó castaño. O debuxo da cabeza esta composto por plumas de cor castaño avermellado nos oídos, manchas brancas nos lados do pescozo e una barbadela verde azulada ou azul. Na fronte hai unha mancha acastañada diante de cada ollo, que parece branca cando se ve de lonxe. na época de cría os pés son de cor vermella alaranxada.
o peteiro dos machos é negro, que pode ser algo máis claro por debaixo. A parte inferior do das femias é alaranxado dende a base ata polo menos o terzo distal. A plumaxe da parte superior do corpo ten nos machos, en xeral, un ton azul de base con manchas grandes de cor azul escuro na parte superior da cabeza. Nas femias a cor de base e máis axiña verde azulada.
Liña 46:
=== Sistemática interna ===
De acordo co [[ITIS]] hai sete subespecies:
* ''Alcedo a. atthis'', a forma tipo. Vive na área mediterránea,[[Siria]] i [[Arabia]].
* ''Alcedo a. bengalensis'' do norte da [[India]], [[Filipinas]] e illas de [[Sonda]].
* ''Alcedo a. floresiana'' de [[Bali]].
* ''Alcedo a. hispidoides'' vive en [[Sulawesi]] e [[o arquipélago de Bismarck]].
* ''Alcedo a. ispida'', da [[Europa continental]].
* ''Alcedo a. salomonensis'' presentes nas [[illas Salomón]].
* ''Alcedo a. taprobana'' do sur da india e [[Sri Lanka]].
 
Outras fontes (Avibase Database) recoñecen dúas subespecies máis:
* ''Alcedo a. japonica'' do [[Xapón]], [[Taiwán]] e [[Sakhalin|illa de Sakhalin]].
* ''Alcedo a. pallasii'' distribuída pola [[Asia]] central.
Liña 62:
[[Ficheiro:Alcedo atthis 2 (Marek Szczepanek).jpg|miniatura|dereita|250px| Picapeixe cun peixe capturado]]
 
Aliméntanse de peixes, [[insecto]]s acuáticos adultos e as súas [[larva]]s, pequenos [[crustáceo]]s e cabezolos. Poden tragar peixes de ata 9 cm. de lonxitude e 2 cm. de altura a nivel dorsal. Se o peixe é máis estreito poden tragar exemplares de ata 12 cm. de lonxitude.
Caza mergullándose na auga. Pousase en silencio nunha póla enriba da auga ata que localiza unha presa. Entón mergullase na auga en diagonal, coa cabeza por diante e acelerando con sacudidas curtas das alas. Durante a inmersión os ollos están cubertos por unha [[membrana nictitante]]. As allas están ben pegadas ó corpo ou estiradas carra arriba. Xusto antes de capturar a presa fréanse coas patas e abrindo as alas. Sobe á superficie coa cabeza pegada ó peito, o primeiro que saca da auga é a caluga, despois saca o bico e sae voando da superficie, Todo este proceso non dura en xeral máis que dous ou tres segundos. Se lle faltan sitios xeitosos para pousarse pode mergullarse na auga desde o aire.
Precisa unha póla forte ou outro sitio estable para preparar a presa antes comela. As presas pequenas son tragadas inmediatamente. Os peixes meirandes zóupanos contra a pola ou sacódenos ata que morren e despois tragados. Os restos indixeribles coma arganas ou partes quitinosas dos insectos son vomitados entre unha e dúas horas despois da comida.
 
== Reprodución ==
[[FileFicheiro: Alcedo atthis MHNT ZOO 2010 11 160 Arcy-sur-Cure.jpg|thumb|''Alcedo atthis'']]
Máis dos picapeixes son [[monógamo]]s. En anos de abundancia algúns machos poden practica-la [[bigamia]] con femias que crían separadas por quilómetros de distancia. Nestes casos os macho alimenta ás crías das dúas niñadas a un tempo. Entre febreiro e marzo voan chiando ó longo da auga e, cando encontran unha posible parellas, perséguena voando sobre da auga ou entre as árbores. Ë en xeral o macho o que escolle o lugar de cría.
 
=== Cortexo e aparellamento ===
 
Na época de cortexo o macho ofrece peixiños á femia, que esta recolle axitando as alas e chiando. A alimentación serve para escolle-las parella e reforza os vencellos entre elas. As veces os dous membros póusanse nunha pola próxima o posible lugar de cría e chían por alternativamente.
Durante a preparación do furado para aniñar prosegue o sistema ofrecer alimentos e, finalmente, teñen lugar as cópulas, realizadas en xeral nunha póla, e durante as que o macho, pousado no lombo da femia, agarra co bico as plumas da cabeza desta, equilibrándose coas alas.
 
=== O niño ===
 
Os picapeixes fan u furado nunha parede vertical de arxila ou area compacta. Procuran sitios enxoitos, libres de vexetación e raíces, en xeral na parte superior da parede. O furado, lixeiramente ascendente e ovalado, mide de 40 a 80 cm. e uns oito cm. de alto. A zona do niño mide uns 17 cm. de diámetro 2 cm. de alto. cando cavan en paredes de area máis branda os furados poden chegar ó metro.
 
Fan o burato co bico, roldándose para traballar o macho e a femia. mentres un deles fura o outro, en xeral, vixía. Cando o túnel vai avanzando expulsan a terra cara atrás coas patas e expulsada do furado. Se atopan durante a escavación unha pedra ou unha raíz que lles impiden continuar poden desviar a galería ou comezar un novo. A construción dura dúas ou tres semanas. marcan os túneles acabados con excrementos.
 
Ás veces unha parella pode comezar máis dunha galería e mesmo acabar varias. Outras veces aproveitan, despois de limpalas, galerías vellas ou acaban outras comezadas en anos anteriores. Entre finais de marzo e comezos de abril máis das parellas teñen xa preparado un túnel axeitado.
Liña 85:
=== A niñada ===
 
Poñen un ovo por día. Os ovos son brancos, case redondos e lisos. Nos primeiros días son rosados, e van tomando unha cor branca de porcelana. pesan uns 4 gramos. As femias poñen de 6 a 8 ovos, raras veces máis, os dous sexos chocan os ovos alternativamente, empezando cando acaba a posta. O paxaro que incuba (de noite é en xeral a femia) mantén a cabeza cara a saída do túnel. A incubación dura de 19 a 21 días. Os pitos rompen a casca normalmente o mesmo día.
 
Do 30 ó 40% das postas fracasan. Máis das perdas son provocadas por inundacións causadas por choivas fortes, que arrastran ou rompen os ovos. Outro efecto das choivas e o de dificultar a pesca, co que os pitos poden morrer de fame. Mesmo os adultos non poden sobrevivir sen comer máis que períodos curtos.
 
Unha galería construída inaxeitadamente pode permitir que [[rato]]s, [[raposo]]s, ou outros depredadores teñan acceso fácil ós ovos ou ós polos. Os paxaros adultos poden tamén abandonar a cría se son molestados polo home. Despois da perda do niño a femia pode poñer poucos días máis tarde outros seis ovos.
 
=== Desenvolvemento dos polos ===
 
Os polos nacen cegos e espidos. Os primeiros días son alimentados con [[insecto]]s e despois con [[peixe]]s de ata cinco cm. mentres un dos pais caza o outro permanece no niño. . Os oito días comezan a aparecerlles as primeiras plumas, de cor azul. Nesa época son alimentados só pola noite. Ós 14 días teñen xa a plumaxe completa, cuberta dunha especie de funda que perden ás tres semanas. e pesan de 55 a 60 g.
 
Entre 23 e 28 días despois de saíren do ovo, cuns 42 gramos de peso, comezan a voar, abandonando o niño por períodos de duración variable. permanecen preto do niño, a miúdo, agachados nas polas máis mestas. Seguen a ser alimentados, preferentemente polo macho e con peixes. Comezan axiña a aprender as técnicas de pesca e pouco despois son expulsados polos pais do territorio de cría. Entre os depredadores máis habituais que os ameazan están os [[azor]], o [[Gabián (ave)|gabián]] e os [[bufo]]s.
Entre xuño e xullo poden facer, polo menos en [[Centroeuropa]] unha segunda cría e, en situacións adecuadas, unha terceira ou mesmo unha cuarta.
 
Liña 102:
== Desprazamentos ==
 
Os adultos permanecen durante a estación de cría no mesmo territorio, mentres que os inmaturos xa independentes procuran un lugar axeitado para vivir entre o verao e o outono. Poden desprazarse ata mil quilómetros. Os pitos da segunda e terceira niñadas desprázanse en xeral máis lonxe cós da primeira.
[[Ficheiro:Alcedo atthis 2 (Lukasz Lukasik).jpg|miniatura|esquerda|250px|dereita|Picapeixe (''Alcedo atthis'')]]
 
Liña 108:
 
O picapeixe é territorial e solitario, moi fiel ó lugar que escolle para vivir. Pasa ás veces moito tempo pousado nunha póla preto da auga. A presenza doutro conxénere provoca unha resposta inmediata. O propietario do territorio reacciona erguéndose, estirándose e deixando cae-las alas cara adiante. A miúdo abre tamén o peteiro. Para reforza-la ameaza fai lentas reverencias diante do intruso. A ameaza máis intensa consiste en abri-las alas amosándose en todo o seu tamaño. Os duelos poden acabar con voos de persecución que as veces duran horas. A disputa acaba coa rendición do máis feble.
En casos extraordinarios poden loitar, intentando os paxaros apuxarse fora do lugar onde están pousados e collerse pola caluga co bico. Se a loita queda indecisa agarran un ó outro polo peteiro, sacódense e poden acabar caendo ó chan ou á auga. As feridas son pouco habituais.
Os inmaturos á procura dun territorio son, as veces enerxicamente expulsados se entran na área de cría dos adultos. Noutras ocasións son tolerados. Amosan moito interese polos niños e en poden colaborar esporadicamente na alimentación das crías dos amos do territorio.
 
Liña 125:
O frío do inverno é unha ameaza grande para a especie. En invernos moi duros as poboacións poden reducirse rexionalmente ata no 90% por falta de alimentación, perda da capacidade de voar ou conxelación.
 
Anos atrás era moi perseguido polos pescadores. Hoxe en día a perda dos seus hábitats pola contaminación das augas, o desecado ou a urbanización é a ameaza principal para a súa subsistencia. O picapeixe é o símbolo da protección das especies das zonas acuáticas continentais
 
== O picapeixe e o home ==
=== Etimoloxía e nome ===
 
En [[1758]] [[Carl von Linné]] deulle o nome científico de ''Alcedo ispida''. A palabra [[latín]]a ''Alcedo'' ven do [[Lingua grega|grego]] ''Halkyon'', que significaría “o incubado no mar“. A orixe deste nome e mitolóxica: [[Alcyone]], filla de [[Eolo]], tirouse ó mar cando soubo que o seu home [[Ceyx]] morrera nun naufraxio, e os deuses, apiadándose dela, convertéronos ós dous en paxaros. Cada inverno a femia do alción fai un niño sobre das olas, onde pon os ovos e choca as súas crías. Mentres está a criar sucédense os [[días do alción]], sete días sen vento e de boa mar de antes e despois do solsticio de inverno.
 
=== Mitoloxía e culto ===
 
Os antigos gregos e romanos crían que o picapeixe facía efectivamente os seus niños no mar. [[Plutarco de Queronea|Plutarco]] pensaba que o niño estaba feito de escamas de peixe. [[Plinio o vello]] falaba na súa ''Naturalis historia'' do ano 70 dun niño que nin o aceiro podía destruír. Mesmo ata o século XIX pensábase que os días do alción, coincidían coa época de cría do picapeixe. O mito grego sobre a fidelidade do picapeixe continuou vivo ata os tempos modernos. O naturalista [[Conrad Gessner]] [[1669]] escribía que a femia emitía un canto lúgubre cando o macho morría. Os picapeixes daban boa sorte e favorecían as viaxes e as capturas dos pescadores.
 
Segundo unha lenda francesa o picapeixe, daquela gris, foi enviado por [[Noé]] para comprobar se as augas baixaran. Para evitar unha tormenta tivo que voar tan alto que se tinguiu por riba do azul do ceo e por baixo fíxose vermello pola calor do sol. Cando volveu non conseguiu atopa-la [[Arca de Noé|arca]], polo que segue a voar sobre da auga buscando a [[Noé]].
Liña 140:
Das plumas do picapeixe facíanse [[talismán]]s conta o [[lóstrego]]. O seu corazón seco tíñase por un antídoto contra o veleno Críase que o seu bico indicaba sempre a dirección do vento ou o norte, polo que o seu corpo momificado e pendurado podía servir de [[Compás (navegación)|compás]]. [[Paracelso]] cría que despois de morto o corpo do picapeixe non podrecía e o naturalista [[Balthasar Sprenger]] [[1753]] escribiu un artigo no que afirmaba esa teoría.
 
As súas plumas estiveron de moda no século XIX, usándose sobre todo para decorar para adornar sombreiros de muller. Foron tamén cazados para facer moscas artificiais para a pesca con cana.
 
== Onomástica noutras linguas ==
Liña 178:
 
=== Literatura ===
* Urs N. Glutz von Blotzheim: ''Handbuch der Vögel Mitteleuropas. Band 9. Columbiformes - Piciformes.'' Aula-Verlag, Wiesbaden, 1994, ISBN 3-89104-562-X
* D. Boag: ''The Kingfisher''. Blandford Press, Poole, 1982
* Alfred Brehm: ''Tierleben'', 4. edición por Otto zur Strassen, 1922
Liña 191:
{{Commons|Alcedo atthis|Picapeixe}}
* [http://ibc.hbw.com/ibc/phtml/especie.phtml?idEspecie=3352 Videos sobre o picapeixe (Eisvogel)l] (alemán)
* [http://www.nabu.de/m01/m01_05/03755.html O picapeixe (Eisvogel ) con exemplo do seu canto] (alemán)
* [http://www.birdlife.ch/pdf/ORNIS_Eisvogel.pdf O picapeixe] (alemán)
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Coraciformes]]